Mundo

O Goberno dos EUA lanza un plan para a revitalización das linguas indíxenas

A administración Biden-Harris dos Estados Unidos de América lanzou un plan nacional que ten por obxecto a protección e revitalización das linguas indíxenas estadounidenses.

Fonte: Minnesota Reformer

A India recoñece o bhoti e o urdú como linguas oficiais da rexión india do Ladakh

O goberno da India recoñeceu oficialmente a lingua tibética bhoti e o urdú como idiomas oficiais do territorio indio do Ladakh tras reunións entre líderes locais e representantes do Ministerio do Interior en Nova Deli.

Fonte: Phayul

Unha película brasileira é candidata ao Globo de Ouro como mellor filme en lingua estranxeira

A longametraxe brasileira Ainda estou aquí foi anunciada como unha das nomeadas ao Globo de Ouro na categoría de mellor película en lingua estranxeira. A cerimonia de entrega dos premios terá lugar o 5 de xaneiro en California.

Fonte: Notícias ao Minuto

A comunidade kurda de Turquía ten dificultades para acceder a servizos en kurdo

A comunidade kurda de Turquía, que representa o 5 % da poboación de todo o país, ten moitas dificultades para acceder a servizos públicos en lingua kurda, sobre todo no ámbito do ensino.

Fonte: DuvaR.english

Nace en Cabo Verde un grupo de reflexión de lingua portuguesa

Representantes de varios países lusófonos reuníronse en Praia, Cabo Verde, para crear o Grupo Multilateral de Reflexión que ten por obxectivo promover unha xestión máis multilateral da lingua portuguesa.

Fonte: Expresso das Ilhas

O ministro español de Asuntos Exteriores reúnese coa presidenta do Parlamento Europeo para solicitar de novo a oficialización do galego, o catalán e o éuscaro na UE

O ministro de Asuntos Exteriores de España, José Manuel Albares, reuniuse coa presidenta da Unión Europea, Roberta Metsola, para lle reiterar a petición de oficializar o galego, o catalán e o éuscaro en Europa.

Fonte: Catalan News

As institucións corsas rebélanse contra a imposición do francés na illa

O Goberno e o Parlamento de Córsega mostran a súa firme oposición á decisión dos tribunais franceses de prohibir o uso da lingua corsa, mentres a sociedade civil se mobiliza para denunciar a imposición do francés e defender os dereitos lingüísticos e culturais da illa.

Fonte: Diari de la Llengua

O exame de condución en Lituania poderase realizar en todas as linguas da UE

O Ministerio do Interior de Lituania informou de que, a partir do mes de xaneiro, o exame de condución se poderá realizar só en lituano ou en calquera das linguas da Unión Europea.

Fonte: LRT

O Departamento de Portugués da Universidade Central de Venezuela fai 30 anos

A Universidade Central de Venezuela está a celebrar o 30 aniversario do Departamento de Portugués que foi creado en 1994 grazas a un protocolo de cooperación entre esta institución académica e o Instituto Camões.

Fonte: RTP Notícias

 

A mocidade fai un chamamento para darlles máis visibilidade ás linguas nórdicas

O Consello Nórdico aprobou en Islandia a Declaración sobre a Política das Linguas Nórdicas co obxectivo de protexer o uso de todas as linguas dos países nórdicos. A mocidade reclamou maior visibilidade e exposición a estas linguas.

Fonte: Nordic Co-operation

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder