Mundo
Unha emigrante en Portugal crea a primeira axenda en lingua caboverdiana
Ludimila Correia, unha emigrante de Cabo Verde que vive en Portugal desde hai 19 anos, creou a primeira axenda en lingua caboverdiana cun deseño inspirado en símbolos tradicionais de todas as illas do arquipélago.
Fonte: Balai
A xustiza francesa prohibe o corso na Asemblea de Córsega
O Tribunal Administrativo de Apelación de Bastia confirmou a prohibición do uso do corso na Asemblea de Córsega. As institucións da illa recorrerán a decisión no Consello de Estado e nos tribunais europeos e internacionais.
Fonte: Diari de la Llengua
Atopan no Cáucaso unha inscrición da Idade de Bronce nunha lingua descoñecida
Unhas escavacións arqueolóxicas en Xeorxia sacaron á luz unha táboa de basalto cunhas inscricións da Idade de Bronce nunha lingua descoñecida. Este achado podería revelar aspectos descoñecidos das antigas civilizacións do Cáucaso.
Fonte: La Brújula Verde
A nova taxa turística do País de Gales axudará a salvagardar a lingua galesa
O País de Gales vai ser a primeira nación do Reino Unido que introduza unha taxa turística en todo o seu territorio. O novo imposto espérase que sirva para protexer e promover a lingua galesa en todo o país, sobre todo nas zonas onde é o primeiro idioma da poboación.
Fonte: Euronews
O Goberno de Corea quere reforzar a lingua coreana nas escolas internacionais
O Goberno de Corea do Sur intensificará o ensino da lingua coreana nas escolas internacionais de educación primaria e secundaria, respondendo ao crecente interese por este idioma a nivel mundial.
Fonte: The Korea Bizwire
O Consello de Europa pide a España que se poidan facer xuízos en linguas rexionais

O Comité de Ministros do Consello de Europa pediu a España que permita realizar procedementos xudiciais en linguas oficiais diferentes do castelán se unha das partes o solicita.
Fonte: Diari de la Llengua
O nivel de proficiencia da lingua inglesa no Xapón cae a mínimos históricos
Un informe elaborado pola empresa de educación internacional Education First revelou que o Xapón baixou ao posto 92 no Índice de Nivel de Inglés, peor que na anterior edición.
Fonte: Japan Today
O primeiro ministro de Portugal despídese do Brasil coa promesa de valorizar a lingua portuguesa
O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, terminou a súa primeira viaxe oficial ao Brasil cunha visita ao Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo, onde fixo a promesa de valorizar a lingua portuguesa.
Fonte: Observador
O presidente de Francia considera que as linguas rexionais representan unha ameaza para a unidade da nación francesa
Con motivo da presentación da nova edición do dicionario da Academia Francesa, o presidente de Francia, Emmanuel Macron, declarou que as linguas rexionais constituíron un factor de división para a nación francesa. Estas palabras suscitaron preocupación entre as asociacións que defenden as linguas minorizadas no país.
Fonte: Mediabask
Noruega descúlpase oficialmente pola asimilación forzada das culturas nativas
Noruega desculpouse oficialmente cos pobos indíxenas e outros grupos minoritarios polas súas políticas históricas de asimilación forzada, que durante máis dun século buscaron eliminar as culturas e linguas nativas. O parlamento noruegués detallou ademais as accións que está levando a cabo para garantir a protección das linguas minoritarias.
Fonte: Democracy Now
Boletín
Subscríbase ao boletín