Mundo

Guatemala celebra un festival que promove a alfabetización na lingua uspanteca

O Ministerio de Cultura de Guatemala organiza a celebración dun festival de lectoescritura para promover o ensino e uso da lingua uspanteca. O evento forma parte da iniciativa para fortalecer o uso das linguas indíxenas de Guatemala.

Fonte: Agencia Guatemalteca de Noticias 

O uso do francés no Quebec sofre un retroceso

Segundo un informe elaborado polo comisario da Lingua Francesa na provincia canadense do Quebec, Benoît Dubreuil, o francés está a sufrir un retroceso en todos os ámbitos da vida social quebequesa desde o ano 2000.

Fonte: Diari de la Llengua

Bélxica estase a converter nunha nación plurilingüe

A consideración de Bruxelas como unha das capitais da Unión Europea e a chegada de migrantes de diversas partes do mundo son dous factores que están a converter este país, de maneira paulatina, nunha nación plurilingüe onde o inglés está a gañar cada vez máis relevancia.

Fonte: Euro Weekly News

Os orzamentos do Estado portugués inclúen unha partida de 39 millóns para a promoción da lingua portuguesa

O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal confirmou que, segundo se estipula nos orzamentos do Estado para 2025, o Camões – Instituto da Cooperación e da Lingua contará cunha partida de 39 millóns para a promoción da lingua portuguesa.

Fonte: O Minho

Un estudo sueco revela que existe unha conexión entre a epilepsia e as dificultades coas linguas

Un estudo da Universidade de Gotemburgo e do Instituto Karolinska de Estocolmo revela que unha alta porcentaxe dos nenos que son diagnosticados con epilepsia presentan dificultades coas linguas e isto evidencia a necesidade de realizar estudos que analicen as capacidades lingüísticas.

Fonte: University of Gothenburg

A cidade de Helsinqui celebra a Semana Sueca con multitude de eventos que promocionan a cultura e lingua suecas

A cidade de Helsinqui celebra a Semana Sueca cun gran número de eventos e iniciativas que promocionan a cultura e o patrimonio en lingua sueca da capital finlandesa.

Fonte: City of Helsinki

Un informe recomenda que as universidades finlandesas garantan a competencia multilingüe do estudantado

Un informe elaborado pola catedrática Tiina Onikki-Rantajääskö recomenda que o Goberno de Finlandia non permita que o inglés se converta na única lingua de instrución nas universidades finlandesas.

Fonte: Research Professional News

A BBC presenta unha nova serie en gaélico irlandés

A BBC presentou a serie Crá, gravada integramente en gaélico irlandés. A produción foi posible grazas a unha colaboración entre as canles TG4 e a BBC de Irlanda do Norte.

Fonte: JOE 

Investigadores brasileiros crean unha aplicación que facilita a escrita en 40 linguas indíxenas

Un grupo de investigadores do estado brasileiro de Amazonas crea a aplicación gratuíta Linklado que permite escribir e divulgar textos e libros en 40 linguas indíxenas.

Fonte: A Crítica

Centros de Lingua Portuguesa de Mozambique organizan unhas olimpíadas sobre Luís de Camões

Con motivo das celebracións do quinto Centenario do Nacemento de Camões, os Centros de Lingua Portuguesa de Maputo, Mozambique, organizan as "Olimpíadas Camonianas", un concurso sobre a vida e obra do literato portugués.

Fonte: O País

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder