Mundo

O Parlamento de Kirguizistán realiza unha proba para determinar o coñecemento que a cámara ten da lingua vernácula

O Parlamento de Kirguizistán realizou unha proba de proficiencia de lingua kirguiz para determinar o nivel que os parlamentarios e o funcionariado da administración teñen da lingua vernácula.

Fonte: AKIpress

O Tribunal Superior Electoral do Brasil traduce carteis informativos a varias linguas indíxenas

O Tribunal Superior Electoral do Brasil (TSE, polas súas siglas en portugués) traduciu carteis con información electoral a dúas linguas indíxenas, guaraní e nheengatu, en sete estados brasileiros. 

Fonte: Sbt News

Máis da metade dos traballadores dos comercios de Andorra diríxense aos clientes en castelán

A Plataforma Andorrana pola Lingua presentou un estudo que constata o uso limitado do catalán nos comercios e grandes almacéns de Andorra.

Fonte: Diari de la Llengua

 

A Secretaría Xeral Iberoamericana lanza unha campaña para promover as linguas indíxenas

Con motivo do Día Mundial dos Pobos Indíxenas, a Secretaría Xeral Iberoamericana lanzou unha campaña para promover a riqueza das linguas indíxenas. A campaña ten o nome de Cada palabra conta: Preservamos o pasado, impulsamos o futuro.

Fonte: Segib

O Parlamento de Lituania obrigará as empresas a se comunicaren en lingua lituana

O Parlamento de Lituania aprobou unha lei que prohibirá as empresas e os traballadores estranxeiros a se comunicaren en lituano antes de 2026.

Fonte: LRT

Medra a porcentaxe de alumnado de nivel primario que aprende polo menos dúas linguas estranxeiras

Aínda que os índices seguen a ser baixos, entre 2013 e 2022 o índice de alumnos e alumnas de primaria que estudan dúas ou máis linguas estranxeiras subiu do 4,6% ao 6,5%. Os países con porcentaxes máis altas son Luxemburgo, Letonia, Grecia e Estonia.

Fonte: Eurostat

Os trens do norte de Inglaterra terán servizo de interpretación en lingua de signos

Os trens da compañía ferroviaria Northern, que opera no norte de Inglaterra, introducirá anuncios en lingua de signos en todas as súas conexións.

Fonte: BBC

A Semana da Lingua Italiana no Mundo explora o papel do libro como vehículo de patrimonio cultural

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia anunciou que a XXIV edición da Semana da Lingua Italiana no Mundo estará dedicada aos libros e levará o título "O italiano e o libro: o mundo entre liñas".   

Fonte: Ministero degli Affari Esteri e d'ella Cooperazione Internazionale

Un total de 400 alumnos estranxeiros aprende portugués na Universidade do Miño

Un total de 400 alumnas e alumnos estranxeiros están inscritos no 31.º Curso Anual Portugués Lingua Non Materna/Lingua Estranxeira do BabeliUM, o  Centro de Linguas da Universidade do Miño. Unha boa parte dos inscritos son de países como a China, o Xapón e Corea do Sur.

Fonte: Correio do Minho

A ONU celebra o Día Internacional da Tradución

O 30 de setembro é o Día Internacional da Tradución, festividade que honra o papel crucial desta actividade na unión e comprensión dos pobos e na promoción e fortalecemento da paz a nivel mundial.

Fonte: United Nations

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder