Mundo

Un lingüista estadounidense quere cartografar as linguas ameazadas faladas en Londres

Ross Perlin, lingüista dedicado ao estudo das linguas minorizadas e en perigo, quere embarcarse no ambicioso proxecto de cartografar as comunidades lingüísticas dunha das cidades máis multiculturais e multilingües do mundo: Londres.

Fonte: The Guardian

O 90 % dos adultos en idade laboral da UE coñecen polo menos unha lingua estranxeira

Un estudo da Unión Europea revela que a maior parte dos cidadáns europeos entre 24 e 64 anos afirman coñecer unha lingua estranxeira e o 28 % din dominala.

Fonte: Eurostat

A Universidade do Miño ofrece cursos de seis linguas estranxeiras este semestre

O Centro de Linguas da Universidade do Miño (BabeliUM) ofrece este semestre cursos de seis linguas estranxeiras: alemán, galego, francés, español, inglés e italiano.

Fonte: Jornal Vilaverdense

Os recortes de financiamento poderían pór en risco as linguas saami

Os parlamentos das comunidades indíxenas de Suecia, Finlandia e Noruega alertaron que algunhas linguas saami poderían verse moi ameazadas en caso de que os Gobernos de Estocolmo e Helsinqui decidan acabar co financiamento dedicado á súa preservación.

Fonte: The Guardian

Andorra aproba as primeiras autorizacións de residencia e traballo en que se deberá acreditar o coñecemento do catalán

O Goberno de Andorra aprobou as primeiras autorizacións de residencia e traballo onde será obrigatorio acreditar o coñecemento da lingua catalá. O executivo andorrano tamén revelou que a partir de xaneiro multará os comercios que non empreguen a lingua oficial.

Fonte: Diari de la Llengua

Letonia permitirá que persoal académico estranxeiro traballe sen dominar o letón

O Parlamento de Letonia aprobou mudanzas importantes na Lei de Ensino Superior e permitirá que persoal académico estranxeiro poida traballar durante seis anos sen demostrar coñecementos na lingua letoa.

Fonte: Schengen News

Un deputado do Parlamento Europeo reivindica a oficialización da lingua luxemburguesa en Europa

O eurodeputado luxemburgués Fernand Kartheiser, do Partido Reformista da Alternativa Democrática (ADR, polas súas siglas en luxemburgués), reivindicou cun discurso en lingua luxemburguesa o dereito da cidadanía de Luxemburgo de ver recoñecido o seu idioma como oficial na UE.

Fonte: Contacto

Francia anuncia a implementación de novos requisitos de lingua francesa para persoas estranxeiras

O Goberno de Francia quere acelerar a implementación de novos requisitos de coñecemento de francés para que as persoas estranxeiras obteñan a nacionalidade francesa.

Fonte: The Local

O Goberno do Perú aproba o uso das linguas indíxenas nos procesos de selección de emprego público

A Comisión de Cultura e Patrimonio Cultural do Congreso da República do Perú aprobou o recoñecemento das linguas indíxenas nos procesos de selección que dean acceso a empregos públicos.

Fonte: Congreso de la República

Publícase un dicionario trilingüe das linguas qom, guaraní e castelán

A Secretaría de Políticas Lingüísticas e o Ministerio de Educación e Ciencia de Paraguai fixeron o lanzamento oficial de dous libros importantes para a salvagarda das linguas indíxenas: o Dicionario trilingüe qom/castelán/guaraní e a Gramática Qom.

Fonte: Agencia de Información Paraguaya

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder