Mundo
A Cámara dos Deputados do Brasil aproba a presenza obrigatoria de intérpretes de linguas indíxenas en institucións públicas

A Comisión de Administración e Servizos Públicos da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que garantirá a presenza de intérpretes de linguas indíxenas en institucións públicas, empresas de servizos públicos e órganos xudiciais.
Fonte: Câmara dos Deputados
Persoas de 26 nacionalidades diferentes traballan na construción da nova liña de metro do Porto
Entre as persoas que se ocupan de construír a nova Liña Rosa do Porto, escóitanse 26 linguas diferentes, xa que unha boa parte dos traballadores procede de diversas nacionalidades.
Fonte: Jornal de Notícias
Macao pode converterse en centro de ensino do portugués de todo o continente asiático
A actual coordinadora do Departamento de Linguas e Cultura da Universidade de São José de Macao, Tânia Ribeiro Marques, asegurou que a excolonia portuguesa conta coas infraestruturas e os profesionais necesarios para converterse no principal centro de ensino do portugués en toda Asia.
Fonte: Plataforma Media
Un investigador neerlandés demostra que os chimpancés poden inventar a súa propia lingua de signos
O investigador neerlandés Bas van Boekholt, da Universidade de Osnabrück, demostrou que os chimpancés son capaces de inventar o seu propio código de lingua de signos.
Fonte: Dutch News
Unha reforma do Goberno francés ameaza a supervivencia de moitas radios minoritarias en linguas rexionais
Arredor de 750 emisoras de radio alternativas corren o risco de desaparecer despois de que o Goberno de Francia aprobase recortar un 35 % das axudas. Entre as prexudicadas encóntranse emisoras en éuscaro, occitano, bretón e catalán.
Fonte: Nationalia
O Consello de Europa recomenda estender o ensino do gaélico manés na Illa de Man
Un informe elaborado polo Consello de Europa recoméndalles ás autoridades da Illa de Man que amplíe o ensino do gaélico manés no ensino infantil e primario.
Fonte: Isle of Man Today
Un estudo investiga a eficacia dos libros infantís bilingües
Un estudo elaborado na Universidade de Xeorxia (EUA) revelou datos interesantes sobre a reacción dos primeiros lectores con libros escritos en dúas linguas.
Fonte: Phys.org
Increméntase o número de persoas que estudan neerlandés en Flandres
A Axencia de Integración de Flandres revelou que no último ano medrou exponencialmente o número de persoas que estudan neerlandés nesta rexión belga.
Fonte: The Brussels Times
O Goberno de Irlanda lanza un plan para crear un servizo público completamente bilingüe
O Goberno da República de Irlanda aproba un plan nacional para crear un sistema de servizos públicos completamente bilingüe para o ano 2030.
Fonte: The Irish Post
Unha deputada dinamarquesa reclama a introdución da interpretación simultánea groenlandés-dinamarqués no parlamento
O Parlamento de Dinamarca prohibe que unha deputada faga un discurso exclusivamente en groenlandés. Con esta acción, a deputada reivindica o uso da súa lingua materna e a introdución dun servizo de interpretación simultánea entre a súa lingua e o dinamarqués.
Fonte: Diari de la Llengua
Boletín
Subscríbase ao boletín