Mundo

A policía do norte de Gales reforza o seu compromiso coa lingua galesa

O corpo de policía do norte de Gales anunciou a implantación de medidas concretas que afianzan e fortalecen o seu compromiso coa lingua galesa. O obxectivo é ofrecer un servizo asistencial íntegro en galés a todas as persoas que así o reclamen.

Fonte: North Wales Police

A CPLP crea unha rede para preservar o patrimonio histórico

Integrantes da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) crearon a Rede de Arquivos Nacionais da institución (RAN-CPLP, polas súas siglas en portugués), que funcionará como instrumento de cooperación para preservar e divulgar o patrimonio histórico dos diferentes integrantes.

Fonte: Sydney Silva

Máis de 3000 persoas aprenden portugués en Macau

Actualmente existen en Macau 3000 alumnos e alumnas estudando portugués. Trátase de alumnado desde infantil até secundaria.

Fonte: Plataforma Media

Unha investigación universitaria explora a preservación da lingua ckunsa en Chile

Eduardo Llanquiman, estudante da Universidade de Chile, realizou un estudo centrado na preservación e revitalización do ckunsa (ou kunza), un idioma ancestral que se falaba no deserto de Atacama, norte de Chile.

Fonte: Universidad de Chile

Inaugúrase o Centro de Estudos Galegos na Universidade de Woxsen

O 19 de setembro de 2024 inaugurouse oficialmente o Centro de Estudos Galegos na Universidade de Woxsen, o primeiro en Asia. Este proxecto, froito da colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta, promoverá intercambios científicos e culturais entre Galicia e a India. O centro estará dirixido polo profesor Anik Nandi, experto en sociolingüística galega, e na súa apertura participaron destacadas autoridades académicas e diplomáticas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O primeiro ministro de Portugal defende que a ONU recoñeza o portugués como lingua oficial

Na sede da ONU, o primeiro ministro portugués, Luís Montenegro, defendeu a lexítima ambición de que o portugués se converta en lingua oficial desta organización.

Fonte: ONU News

A policía turca arremete contra fundacións a prol da lingua kurda

A policía turca asaltou tres fundacións e librarías a prol da lingua kurda na provincia turca de Diyarbakır e detivo varios educadores despois de confiscar abondoso material, como libros, xornais ou revistas.

Fonte: duvaR

O Consello de Europa critica a imposición do 25 % de castelán nas escolas catalás

O Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa ve con preocupación que se obrigue as escolas de Cataluña a impartiren un 25 % das materias en castelán. Alén disto, o organismo europeo tamén advirte da “deterioración” da situación das linguas en Aragón, Baleares e a Comunidade Valenciana.

Fonte: El País

Séntanse as bases para a creación dunha fundación dedicada á lingua mirandesa

O Grupo de Traballo para a Promoción da Lingua Mirandesa reuniuse en Miranda do Douro para iniciar a súa estratexia de creación dunha fundación que garanta a promoción e protección da lingua mirandesa.

Fonte: Diário de Trás-os-Montes

A Casa da Cidadanía da Lingua de Coímbra presenta unha adaptación teatral da obra de José Saramago

A Casa da Cidadanía da Lingua da cidade portuguesa de Coímbra estrea a peza teatral Caim, baseada nun romance de José Saramago.

Fonte: Cámara Municipal de Coímbra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder