Mundo
Un total de 4600 rusos aínda non teñen a certificación de competencias en lingua letoa
Un total de 4600 cidadáns e cidadás rusos afincados en Letonia deben aínda certificar os seus coñecementos de lingua letoa se queren obter o permiso de residencia.
Fonte: ENG LSM
A Escola Rei Fahd de Tradución de Marrocos considera o tamazight unha lingua estranxeira
Nunha recente publicación sobre un programa de estudos en tradución e interpretación, a Escola Rei Fahd de Tradución de Marrocos referiuse á lingua bérber ou tamazight como 'idioma estranxeiro', feito que deu orixe a unha forte polémica no país sobre o valor desta lingua oficial marroquí.
Fonte: Yabiladi
O Goberno de Irlanda crea unha rede de gaélico irlandés para funcionariado público
O Goberno da República de Irlanda creou "Gréasán Gaeilge na hEarnála Poiblí", unha rede de gaélico irlandés para funcionariado público que desexe entrar en contacto con outros falantes para mellorar ou practicar as súas habilidades lingüísticas.
Fonte: Irish Central
O Goberno do País de Gales quere converter en lei o seu obxectivo de acadar o millón de falantes de galés
O Goberno do País de Gales presentou un proxecto para que o obxectivo de atinxir o millón de falantes de galés para o ano 2050 adquira rango de lei.
Fonte: BBC
Un estudo revela que as escolas inglesas teñen dificultades para contratar profesorado de linguas

Un estudo elaborado polo British Council revela que os centros de ensino de Inglaterra están tendo dificultades para contratar profesorado de linguas estranxeiras.
Fonte: British Council
A próxima edición do Festival de Aviñón porá o foco na lingua árabe
O Festival de Aviñón 2025, unha das máis importantes manifestacións teatrais do mundo, porá o foco na lingua árabe, tal como confirmou o seu director, Tiago Rodrigues.
Fonte: Morocco World News
Un eurodeputado irlandés demanda un trato igualitario para o gaélico irlandés no Parlamento Europeo
O europarlamentario irlandés Seán Kelly envioulle unha carta á presidenta do Parlamento Europeo, a maltesa Roberta Metsola, para que esta institución comunitaria brinde ao gaélico irlandés o mesmo trato que o resto de idiomas oficiais europeos.
Fonte: BBC
O presidente de Timor Leste inclúe a expansión da lingua portuguesa entre os desafíos do seu goberno
O presidente de Timor Leste, José Ramos-Horta, declarou nunha visita oficial a Mozambique que a expansión e popularización da lingua portuguesa entre a poboación é un dos grandes desafíos do seu executivo.
Fonte: Notícias ao Minuto
Varias institucións universitarias organizan un foro internacional de ensino da lingua portuguesa na China
A Faculdade de Linguas Estranxeiras da Universidade de Nankai, a Faculdade de Linguas e Tradución da Universidade Politécnica de Macau e a revista Diacrítica da Universidade do Miño colaboraron na organización do sexto Foro Internacional do Ensino da Lingua Portuguesa na China.
Fonte: Gov.mo
A importancia do chinés en Vietnam impide que o ruso teña máis presenza no ensino
Os plans para reintroducir o ensino da lingua rusa nas escolas de Vietnam está en cuestión pola forte importancia e implantación do chinés e o inglés no país asiático.
Fonte: FULCRUM
Boletín
Subscríbase ao boletín