Mundo
O Quebec precisa de máis intérpretes en lingua de signos
Na actualidade existen arredor de 250 intérpretes en toda a provincia canadense do Quebec e hai estimacións que indican que se precisaría dobrar esta cifra para facer fronte á demanda.
Fonte: CTV News
Suecia obrigará a realizar unha proba de coñecemento de lingua sueca para obter a nacionalidade
Suecia está introducindo cambios na súa política migratoria que implican un endurecemento para conseguir a cidadanía. Entre outras medidas, a ministra de Migración declarou que o exame de coñecemento de lingua sueca pasará a ser obrigatorio.
Fonte: Schengen News
A ferramenta de tradución de Google incorpora 110 novos idiomas
A ferramenta de tradución Google Translate incorporou agora un total de 110 novas linguas á súa base de datos de tradución automática asistida por intelixencia artificial.
Fonte: The Verge
Bolivia quere crear un instituto iberoamericano de linguas indíxenas
O Goberno de Bolivia, un dos grandes impulsores do Ano Internacional das Linguas Indíxenas da ONU, está traballando na creación dun instituto que velará pola promoción e difusión das súas linguas indíxenas.
Fonte: TRT
Ucraína aproba unha lei para regular o uso da lingua inglesa
O presidente de Ucraína, Volodymyr Zelensky, aprobou a lei 9432 que regulará o uso da lingua inglesa no país eslavo. Segundo esta norma, o inglés convértese en lingua de comunicación internacional en Ucraína.
Fonte: Ukraine-Nachrichten
Un estudo revela que o albanés é a segunda lingua estranxeira máis falada en Suíza
Un estudo elaborado pola Oficina Federal Estatística de Suíza revela que o albanés é a segunda lingua estranxeira máis falada no país helvético despois do inglés e, por primeira vez, por diante do portugués.
Fonte: KOHA
Un acordo entre o Goberno de Gales e a institución OpenAI mellorará a aplicación ChatGPT en lingua galesa

Un acordo asinado entre o Goberno de Gales e a empresa OpeanAI permitirá que a coñecida aplicación de intelixencia artificial ChatGPT poida mellorar o seu funcionamento en lingua galesa.
Unha enquisa revela que a cidadanía maltesa considera que o maltés é a súa primeira lingua
Un estudo científico sobre o estado da nación revelou que o 71,3 % da cidadanía maltesa considera que o maltés é a súa primeira lingua, fronte a un 7,6% que escolle o inglés.
Fonte: TVM News
O Goberno de Turquía quere liberar a lingua turca de expresións sexistas e violentas
O Ministerio de Servizos Sociais e Familia iniciará un proxecto para abordar o tema do sexismo e a violencia na lingua turca co fin de promover a igualdade e os valores da convivencia e a paz.
Fonte: Hürriyet Daily News
A CPLP e a televisión de Timor Leste asinan un acordo para difundir a lingua portuguesa
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e a televisión de Timor Leste (RTTL) asinaron un acordo para conseguir que a estación pública de televisión poida ofrecer contidos 100 % en portugués.
Fonte: El Trapezio
Boletín
Subscríbase ao boletín