Mundo

A República de Tatarstán lanza unha iniciativa para a preservación da lingua tártara

O Consello de Arte e Cultura de Tatarstán, república da Federación Rusa, lanzou unha serie de iniciativas que permitirá preservar o seu importante patrimonio cultural e lingüístico. Unha delas será a creación dunha base de datos en lingua tártara.

Fonte: YTECH

A empresa enerxética OVO anula o seu servizo de facturación en galés

A empresa de enerxía inglesa OVO Energy foi acusada de lle causar un prexuízo á lingua galesa tras a súa decisión de interromper o seu servizo de facturación neste idioma.

Fonte: BBC

O Goberno luxemburgués anuncia un novo método para o ensino multilingüe das matemáticas

O Goberno de Luxemburgo anunciou o programa Mathi co que pretende mudar o ensino da materia de matemáticas e abordalo desde unha perspectiva multilingüe. O proxecto consiste en empregar materiais en varios idiomas, incluído o portugués, para que o alumnado estableza vínculos entre a disciplina e a lingua falada na casa.

Fonte: Contacto

Chaman á mobilización social para salvar o gaélico escocés

O presidente de An Comunn Gaidhealach (Asociación Gaélica) chama todo o sector de apoio do gaélico escocés a que se unan ás mobilizacións para protestar polos recortes do Goberno de Escocia a esta lingua vernácula.

Fonte: Stornaway Gazette

O Goberno de Baviera prohibe o uso da linguaxe inclusiva en documentos oficiais e escolas

O Goberno do Estado federado de Baviera, en Alemaña, asinou unha norma que limita o uso da linguaxe inclusiva en alemán nos documentos oficiais e no ensino.

Fonte: DW

Anuncian a publicación dun premio conxunto de letón e estoniano

Os ministerios de Asuntos Exteriores de Letonia e Estonia anunciaron a convocatoria do premio conxunto das linguas letoa e estoniana que recoñecerá os logros na promoción destes dous idiomas ao longo de todo o ano 2023.

Fonte: ENG LSM

Un proxecto de lei pretende levar o ensino da lingua tupí ás escolas brasileiras

A Cámara dos Deputados do Brasil está a debater a aprobación dun proxecto de lei que prevé que as escolas brasileiras ensinen a lingua tupí e outros idiomas indíxenas.

Fonte: Gazeta de S. Paulo

Abre un centro de estudo da lingua e cultura polacas no Brasil

A cidade brasileira de Porto Alegre inaugurou o Centro Xoán Paulo II para o Estudo da Cultura Polaca que se converterá nunha importante institución de promoción e preservación da identidade polaca no Brasil e noutros países de América do Sur.

Fonte: Notes from Poland

Miranda do Douro acollerá un encontro sobre a revitalización de linguas minorizadas

A vila portuguesa de Miranda do Douro acollerá un encontro promovido pola Unión Europea sobre a revitalización das linguas minoritarias europeas. 

Fonte: Diário de Trás-os-Montes

O Coleg Cymraeg presenta unha nova bolsa para realizar estudos en lingua galesa

O Coleg Cymraeg, institución responsable de crear cursos e recursos en galés no País de Gales, presentou na Universidade de Bangor a bolsa Cronfa Llŷr, destinada a alumnado que curse estudos en lingua galesa.

Fonte: Nation Cymru

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder