Mundo

Unha escritora kurdo-siria recibe un premio de lingua kurda

A escritora kurdo-siria Amina Omer, alias Keça Kurd, recibiu na cidade iraquí de Arbil o Premio Zara de Lingua Kurda pola súa contribución á literatura escrita nesta lingua.

Fonte: Kurdistan 24

 

A Comisión da Lingua da illa de Guernsey avoga polo ensino da lingua vernácula nas escolas

O presidente da Comisión de Lingua da illa de Guernsey, no canal da Mancha, declarou que o francés de Guernsey debería ser ensinado nas escolas para garantir a súa supervivencia.

Fonte: Language Magazine

No Brasil fálase actualmente o 20 % das linguas que había no século XVI

O Brasil atesoura actualmente só un 20 % das 1175 linguas que se falaban cando chegaron os europeos en 1500. Alén diso, o Brasil aínda non recoñece ningún idioma indíxena como oficial.

Fonte: Observatório do Terceiro Setor

Os medios de comunicación en lingua sueca en Finlandia reinvéntanse para sobrevivir

A pesar de que o sueco é a segunda lingua oficial de Finlandia, unicamente o 6 % da poboación fala este idioma como materna. Os medios de comunicación en lingua sueca de Finlandia levan a cabo iniciativas innovadoras para subsistir.

Fonte: IJNET

Un total de 1000 persoas seguen a falar mirandés, segunda lingua oficial de Portugal

A lingua mirandesa, segundo idioma oficial de Portugal, conta na actualidade con aproximadamente 1000 falantes e o seu ensino nas escolas é primordial para a súa supervivencia.

Fonte: CNN Portugal

Lituania prepara unha proposta para eliminar o idioma ruso das escolas

As autoridades educativas lituanas traballan nunha proposta para eliminar o ruso das escolas, tanto nas que é idioma de ensinanza como nas que se aprende como lingua estranxeira, unha decisión que forma parte das represalias contra Rusia pola invasión de Ucraína.

Fonte: Made in Vilnius

Premian tres cómics creados en zapoteco, tsotsil e huasteco

O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas premiou tres obras escritas en zapoteco, tsotsil e huasteco, que resultaron gañadoras da convocatoria Cómic en Linguas Indíxenas Nacionais.

Fonte: Noroeste

O Goberno de México pon en marcha diferentes actividades para preservar a diversidade lingüística do país

Ao longo do ano 2023 déuselles continuidade a diferentes accións para preservar, fortalecer e promover a diversidade lingüística e cultural de México, entre elas, sinalización en linguas indíxenas, a Feira das Linguas Indíxenas, a conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna, profesionalización de persoas intérpretes e tradutoras etc.   

Fonte: NVI Noticias

Linguas de todo o mundo escollen a palabra do ano 2023

Cada ano danse a coñecer en distintas linguas as palabras que mellor definen a actualidade e que no caso de 2023 foron, por poñer algún exemplo, polarización en español, femminicidio (feminicidio) en italiano, Krisenmodus (modo crise) en alemán, artificial intelligence (intelixencia artificial) en inglés, zei (impostos) en xaponés ou monsterbank (banco monstro) en Suíza.

Fonte: Télam

Un estudo asocia a temperatura aos sons das diferentes linguas

Segundo a revista PNAS Nexus, existe unha relación entre o clima e o desenvolvemento das linguas, de maneira que as temperaturas ambientais exercen influencia no volume de certos fonemas, o que explicaría que nos países tropicais adoitan soar máis ruidosas, mentres que nos lugares fríos semellan máis silandeiras.  

Fonte: O Povo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder