Mundo

Máis do 50 % da poboación de Montenegro declara falar serbio como primeira lingua

Os resultados do censo realizado en Montenegro revelaron que máis do 50 % da poboación declarou falar serbio como primeira lingua. Esta situación podería obrigar as autoridades a introduciren o ensino do serbio no sistema educativo e como lingua oficial.

Fonte: Euronews

Un estudo do British Council revela que a maior parte do alumnado do ensino medio británico non pensa que o estudo das linguas sexa útil

Un estudo elaborado polo British Council revela que só un 20 % do alumnado británico do primeiro ano do ensino secundario ten pensado estudar linguas estranxeiras ao longo da etapa educativa.

Fonte: BBC

As universidades de Coímbra e Macau unen esforzos para a promoción da lingua portuguesa e o coñecemento tecnolóxico

A Universidade de Coímbra e a Universidade Politécnica de Macau asinan un acordo estratéxico de cooperación para promocionar o coñecemento tecnolóxico e a proxección da lingua portuguesa.

Fonte: SAPO

A Axencia para as Migracións de Portugal promoverá a aprendizaxe do portugués

A Axencia para a Integración, Migracións e Asilo (AIMA) de Portugal presentará un plan de acción para promover a aprendizaxe do portugués por parte das persoas migrantes.

Fonte: Diário de Notícias

Unha nai galesa crea un sitio web de contidos en galés para familias

Ante a escaseza de material en liña para nais e pais que non falen galés, unha nai galesa de Swansea creou un sitio web con contidos en galés para que as familias poidan axudar os seus fillos e fillas coa aprendizaxe do idioma. 

Fonte: BBC

A Asociación da Lingua Mirandesa mostra satisfacción pola proposta do Parlamento portugués para a promoción do idioma

O presidente da Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas manifestou a súa satisfacción pola aprobación da iniciativa parlamentaria que creará un organismo para a promoción do mirandés, a segunda lingua oficial de Portugal.

Fonte: Mensageiro de Bragança 

A Universidade de Aberdeen está considerando a interrupción dos estudos lingüísticos

A Universidade de Aberdeen, unha das máis antigas de Escocia, está considerando a cancelación das licenciaturas lingüísticas pola baixada das matrículas.

Fonte: STV News

O Goberno de Gales quere promover a lingua galesa como factor de integración das persoas migrantes

O Goberno do País de Gales está tomando importantes medidas para que o galés xogue un papel fundamental na integración das persoas migrantes na sociedade galesa.

Fonte: The Conversation 

Inaugúrase o primeiro café en lingua de signos de Irlanda

A cidade de Dublín contará a partir de agora co The Deaf Café, a primeira cafetaría en lingua de signos de Irlanda. O local converterase nun centro de lecer e educativo para toda a comunidade de persoas xordas.

Fonte: Irish Examiner

O Banco Central de Nova Zelandia defende o uso do maorí

O director do Banco Central de Nova Zelandia, Adrian Orr, defendeu a promoción da lingua maorí nas institucións públicas a pesar das ameazas de reducir o seu uso por parte do novo goberno de centro-dereita.

Fonte: CNA

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder