Mundo

Abre unha gardaría en Cornualles de inmersión en lingua córnica

Unha muller de orixe francesa abre unha escola infantil en Cornualles onde o alumnado aprende a falar córnico por medio da inmersión nesta lingua.

Fonte: BBC 

Unha proposta quere normalizar o uso en galés de certos topónimos

Unha petición presentada no Parlamento de Gales aposta polo uso exclusivo das formas en lingua galesa para aqueles topónimos en que o termo correspondente en inglés sexa semellante.

Fonte: BBC

A Unesco quere fomentar a lingua árabe nos sistemas educativos

A Oficina Rexional Multisectorial da Unesco en Beirut está a levar a cabo consultas para aprobar un plan de acción que terá como obxectivo a promoción da lingua árabe nos países arabófonos.

Fonte: Unesco

Macau anuncia un programa para contratar profesionais nas áreas da tradución e da lingua portuguesa

O Goberno de Macau anunciou a aprobación dun programa que ten como obxectivo incentivar a contratación de profesionais da tradución chinés-portugués e do ensino da lingua portuguesa.

Fonte: Diário de Notícias

A Universidade de Oregón recibe unha axuda para salvagardar as linguas nativas

O Departamento de Educación dos EUA concederalle ao Instituto de Linguas Indíxenas do Noroeste da Universidade de Oregón unha axuda de 1,7 millóns de euros para crear un centro de revitalización de linguas nativas no estado de Oregón.

Fonte: KPIC

O Museo de Leiría organiza visitas en lingua de signos portuguesa

O Museo de Leiría está de aniversario e para marcar esta data organizará visitas en lingua de signos portuguesa.

Fonte: Região de Leiria

Algunhas escolas de Moscova ofertan clases en suahili e amhárico

Tres escolas da capital rusa, Moscova, introducirán o ensino de dúas linguas africanas, o suahili e o amhárico co obxectivo de fomentar os lazos entre o país eslavo e o continente africano.

Fonte: Language Magazine

Un estudo analiza a importancia da música na preservación das linguas

Un estudo da Universidade de Cardiff, en colaboración coa Universidade Waikato, en Nova Zelandia, analiza a relación entre a música en vivo e a protección ou promoción de linguas como o galés ou o maorí.

Fonte: Te Ao

Un grupo de lingüistas funda un centro para a preservación de linguas amazónicas

Un grupo de lingüistas fundou na cidade peruana de Pucallpa a estación científica Chana co obxectivo de investigar e preservar as linguas amazónicas.

Fonte: El País

Unha profesora da Universidade do Porto presidirá a Asociación de Filosofía do Deporte en Lingua Portuguesa

A profesora da Facultade do Deporte da Universidade do Porto, Luísa Ávila da Costa, será a nova presidenta da Asociación de Filosofía do Deporte en Lingua Portuguesa  (AFDLP, polas súas siglas en portugués).

Fonte: Universidade do Porto

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder