Mundo
Complétase o dicionario oficial da lingua sueca

Despois de 140 anos, Suecia completa o Dicionario da Academia Sueca (SAOB, polas súas siglas en sueco) que conta con 33 111 páxinas e 39 volumes.
Fonte: RFI
Unha universidade uruguaia incluirá o ensino do guaraní entre a súa oferta
A Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación da Universidade da República de Montevideo impartirá un curso básico de lingua guaraní. A formación estará a cargo de docentes do Instituto Técnico Superior de Estudos Culturais e Lingüísticos de Paraguai.
Fonte: ABC
A Xunta pon en valor o papel do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade para reforzar os lazos no mundo lusófono

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou en Santo Tomé e Príncipe no IV Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co apoio da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O municipio de Talín aprobou o seu programa de transición ao estoniano nas escolas de infantil e primaria
O goberno municipal da cidade de Talín aprobou o seu programa de transición cara ao estoniano nas escolas de infantil e ensino primario co fin de que todo o alumnado e o profesorado poidan incrementar a súa competencia na lingua vernácula.
Fonte: ERR
A creación do organismo para a preservación da lingua mirandesa aínda está pendente de orzamento
A pesar de estar previsto nos orzamentos do Estado portugués, a Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas aínda non recibiu o diñeiro para a creación do organismo que loite pola preservación do mirandés.
Fonte: TSF
Duolingo non actualizará o seu curso en liña de lingua galesa
A aplicación de aprendizaxe de linguas Duolingo anunciou que non vai seguir actualizando o seu curso en liña de galés e iso a pesar de que esta lingua foi a que máis medrou no Reino Unido en 2020.
Fonte: BBC
Un grupo de investigadores lanza un manifesto a favor da lingua portuguesa na ciencia
O festival literario Folio reuniu na vila portuguesa de Óbidos investigadores e investigadoras de diversa índole para lanzar o Manifesto de Óbidos, unha declaración formal que defende a utilización do portugués como lingua de cultura e de ciencia.
Fonte: Visão
Francia contará en breve coa Cidade Internacional da Lingua Francesa
O castelo de Villers-Cotterêts, situado a 50 quilómetros de París, é o lugar escollido para inaugurar a Cidade Internacional da Lingua Francesa, un museo que celebra a historia e o futuro do idioma francés.
Fonte: RFI
Distribúese polas escolas o primeiro manual para o ensino da lingua e cultura friulanas
A Axencia Rexional pola Lingua Friulana, co apoio da Rexión Autónoma Friúl-Venecia Xulia, apoia a iniciativa para distribuír en escolas primarias o libro Anìn, o primeiro manual para o ensino da lingua e cultura friulanas.
Fonte: Telefriuli
Unha muller presidirá por primeira vez a Oficina Pública da Lingua Vasca
Maïder Béhotéguy, conselleira do Cantón Nive-Adour e alcaldesa do municipio de Bardos, foi nomeada presidenta da Oficina Pública da Lingua Vasca (OPLB), a primeira muller na historia da institución que traballa a prol do éuscaro en Iparralde.
Fonte: Mediabask
Boletín
Subscríbase ao boletín