Mundo
O mundo celebra o Día Internacional da Tradución

A Federación Internacional de Tradutores/as conmemora, como cada 30 de setembro, o Día Internacional da Tradución que tenta honrar este importante labor que realizan profesionais lingüistas en todo o mundo.
Fonte: Adda247
O acuario do Porto incorpora a lingua de signos nas súas visitas
As visitas ao acuario Sea Life do Porto poderán realizarse a partir de agora en lingua de signos portuguesa.
Fonte: Público
Alxeria quere substituír o francés polo inglés no ensino e na administración
A medida de substitución do francés polo inglés como primeira lingua estranxeira nas escolas de Alxeria está a atopar unha importante resistencia xa que o francés segue a ser o idioma de elección en moitos ámbitos do país africano.
Fonte: Europe 1
O presidente de Francia ofrece a Córsega unha autonomía e o recoñecemento do idioma corso
O presidente de Francia, Emmanuel Macron mostrouse favorable perante a que Córsega poida conformar unha autonomía dentro da República francesa e a impulsar a lingua corsa.
Fonte: Noticias de Guipuzcoa
Timor Leste debate nunhas xornadas pedagóxicas o papel da lingua portuguesa no ámbito universitario
As Xornadas Pedagóxicas da Universidade Nacional Timor Lorosa’e (UNTL) que teñen lugar en Dili analizan o papel da lingua portuguesa no acceso ao coñecemento. Neste encontro, a ministra de Educación declarou que o seu goberno loitará por garantir a aprendizaxe da lingua portuguesa por toda a cidadanía timorense.
Fonte: Observador
Os medios de comunicación públicos de Letonia rexeitan a prohibición de contidos en ruso
A radio e televisión públicas letoas rexeitan a medida gobernamental que avoga por prohibir contidos que estean producidos en lingua rusa a partir de 2026.
Fonte: Baltic News Network
A aprendizaxe de linguas estranxeiras medra en toda a UE

Un estudo publicado pola Oficina Europea de Estatística (Eurostat) revela que o ensino das linguas estranxeiras seguiu en alza no ano 2021. Por exemplo, segundo esta análise, actualmente un 61 % do alumnado no segundo ciclo da educación secundaria estuda dúas ou máis linguas estranxeiras, un 2,6 % máis que no ano 2013.
Fonte: Eurostat
O ensino do chinés mandarín medra nas escolas británicas
O ensino e aprendizaxe do chinés mandarín nas escolas británicas aumentou nos últimos anos, tal como se evidenciou no nivel de participación de escolares de primaria e secundaria na edición de 2023 da Competición de Chinés Mandarín "Ponte Chinesa".
Fonte: XINHUA
Unha festa en Miranda do Douro reivindica o uso das linguas minoritarias ibéricas
A primeira Festa das Linguas (Fiesta de ls Lhénguas, en mirandés) reuniu en Miranda do Douro lingüistas da Península Ibérica para defender e reivindicar o uso das linguas minoritarias como o mirandés, o galego ou o catalán.
Fonte: El Trapezio
O turco convértese en lingua oficial da cidade iraquí de Kirkuk
O goberno local da cidade iraquí de Kirkuk decretou a oficialización da lingua turca falada por unha parte importante da poboación.
Fonte: Hürriyet Daily News
Boletín
Subscríbase ao boletín