Mundo

Por vez primeira un indíxena ocupará unha cadeira na Academia Brasileira de Letras

O escritor e activista ambiental Ailton Krenak é o primeiro indíxena en se integrar na Academia Brasileira de Letras. 

Fonte: Rádio Senado

A lingua alemá entra na campaña das eleccións polacas

A lingua alemá entrará con forza na campaña ás eleccións parlamentarias polacas. A minoría de lingua alemá quere que o goberno reconsidere a súa decisión de reducir nas escolas o número de horas semanais de alemán de tres a unha.

Fonte: DW

Un proxecto promoverá o gaélico irlandés nas escolas do condado de Donegal

A organización sen ánimo de lucro Gael Linn administrará un ambicioso proxecto que pretende fortalecer o uso do gaélico irlandés nas escolas de ensino primario e secundario do condado de Donegal.

Fonte: Highland Radio

O Congreso Permanente da Lingua Occitana embárcase na creación do Dicionario Xeral Informatizado da Lingua Occitana

O Congreso Permanente da Lingua Occitana (CPLO) comezou a traballar na creación do Dicionario Xeral Informatizado da Lingua Occitana, un ambicioso proxecto que facilitará a difusión desta lingua romance.

Fonte: Jornalet 

O narrador e dramaturgo noruegués Jon Fosse recibe o Premio Nobel de Literatura

A Academia Sueca concédelle o galardón do Premio Nobel de Literatura ao escritor e dramaturgo noruegués Jon Fosse pola súa prosa innovadora e porque deu voz ao que non se pode dicir.

Fonte: The Guardian

A cidade de Coímbra acollerá a Casa da Cidadanía da Lingua

A cidade portuguesa de Coímbra acollerá a Casa da Cidadanía da Lingua que creará un observatorio de liberdade de expresión dos países de lingua portuguesa. A iniciativa nace dun acordo entre Asociación Portugal Brasil 200 anos (APBRA) e o Municipio de Coímbra.

Fonte: Mundo Lusíada

Dinamarca renova o seu dicionario ortográfico para facelo máis inclusivo en canto ao xénero

O Consello da Lingua Dinamarquesa renovou o seu dicionario ortográfico co obxectivo de ofrecer un texto máis inclusivo e libre de estereotipos de xénero.

Fonte: The Guardian

Un proxecto do Goberno de Gales permitirá incentivar o cinema en lingua galesa

Un acordo entre o Goberno de Gales e o partido Plaid Cymru permitirá a creación do programa Sinema Cymru co que se pretende dar un importante pulo ao cinema en lingua galesa.

Fonte: Llywodraeth Cymru / Welsh Government

A futura ministra de Educación de Kirguizistán fortalecerá o ensino do kirguiz nas escolas

A futura ministra de Educación de Kirguizistán, Dogdurkul Kendirbaeva, anunciou que fortalecerá o ensino da lingua kirguiz nas escolas e incrementará o número de centros que teñen este idioma como lingua de instrución.

Fonte: AKIpress

O Instituto Goethe lanza un portal de obras de lingua alemá traducidas ao portugués

Con motivo do Día Internacional da Tradución, o Instituto Goethe presentou na cidade de São Paulo un portal de literatura de lingua alemá traducida ao portugués.

Fonte: Publish News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder