Mundo

A cidade mozambicana de Praia entrega certificados de formación en lingua francesa

No ámbito do proxecto “Cultura descentralizada e inclusiva”, a Cámara Municipal de Praia, capital de Mozambique, entregou 300 certificados de capacitación inicial en lingua francesa.

Fonte: Balai

A Universidade de Harvard ofrecerá un curso de lingua kurda

O Departamento de Civilizacións e Linguas de Oriente Próximo anunciou que ofrecerá un curso de dialecto sorani da lingua kurda para todo aquel estudantado de doutoramento interesado.

Fonte: Kurdistan 24

Abre o primeiro centro de lingua croata nun país de fala alemá

O ministro de Ciencia e Educación de Croacia anunciou a apertura do Croaticum, o Centro de Lingua e Cultura Croatas na Universidade de Regengsburgo, Alemaña. Trátase dun fito histórico que promocionará non só a lingua e cultura croatas no exterior senón tamén a cooperación e o entendemento do país balcánico con Alemaña e outras nacións estranxeiras.

Fonte: Croatia Week

As universidades de tres países de fala alemá piden máis financiamento

As universidades de Alemaña, Austria e Suíza uníronse para facer un chamamento conxunto e solicitar aos seus respectivos gobernos máis financiamento e melloras na autonomía da educación superior.

Fonte: Research Professional News

O Goberno de Chipre aproba un proxecto educativo en lingua alemá nas escolas públicas

O Consello de Ministros de Chipre deu luz verde a un programa piloto que avoga pola introdución do ensino en lingua alemá nos centros públicos.

Fonte: Knews

Increméntase o uso do inglés en Alemaña

Co obxectivo de que Alemaña se converta nun país máis atraente internacionalmente, o uso do inglés é cada vez máis habitual, tanto na política como no ensino.

Fonte: DW

A canle RTÉ presenta a súa programación en gaélico irlandés

A canle pública de radio e televisión de Irlanda, RTÉ, presentou para a nova tempada a súa nova programación en gaélico irlandés. Trátase da gama de contidos en gaélico máis ampla dos últimos anos.

Fonte: RTÉ

O Brasil facilitaralles a concesión de visados ás persoas procedentes de países de lingua portuguesa

Un acordo entre estados permitirá ao Brasil flexibilizar a mobilidade e a concesión de visados a aquelas persoas procedentes da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

Fonte: Acheiusa

Un obradoiro de teatro promove a lingua portuguesa en Bos Aires

O Centro de Lingua Portuguesa de Bos Aires, pertencente á rede do Instituto Camões, iniciou na capital arxentina un obradoiro de teatro para falantes de portugués. 

Fonte: Bomdia

O catalán sitúase entre as corenta linguas máis empregadas en internet

O catalán entra na clasificación, elaborada por W3c, sobre as linguas máis utilizadas en internet, encabezada polo inglés, ao que seguen o castelán, o ruso, o alemán e o francés, e na que o catalán ocupa o posto 38.

Fonte: El Món

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder