Mundo
Os cidadáns rusos residentes en Letonia poderán ter máis tempo para superar o exame de lingua letoa
O Ministerio do Intererior de Letonia concederá máis tempo aos cidadáns rusos afincados no país para superaren o exame de lingua letoa que lles permitirá conseguir o permiso legal de residencia.
Fonte: BNN
O Museo do Indio do Río de Xaneiro publica un dicionario da lingua indíxena moré-kuyubim
O Museo do Indio do Río de Xaneiro lanzou o dicionario multimedia moré-kuyubim, idioma txapakura en estado vulnerable falado nos dous lados da fronteira do Brasil con Bolivia.
Fonte: Gov.br
O presidente da República de Portugal inaugura en Varsovia a Sala de Lectura de Lingua Portuguesa
O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, inaugurou na Biblioteca Municipal de Varsovia, Polonia, a Sala de Lectura de Lingua Portuguesa tras visitar unha exposición sobre as relacións diplomáticas entre Portugal e Polonia.
Os doentes oncolóxicos lusófonos de Luxemburgo poderán recibir información e asesoramento en portugués
As persoas lusófonas que estean a sufrir doenzas oncolóxicas en Luxemburgo poderán ter acceso a tres recursos en lingua portuguesa grazas a unha iniciativa da fundación Fondation Cancer.
Fonte: Bom dia
A canle RTP2 non atinxe a cota de contidos en lingua portuguesa
Un relatorio evidencia que entre as canles portuguesas de acceso libre (RTP1, RTP2, SIC e TVI), a RTP2 é a única que non cumpre as obrigas en materia de defensa da lingua portuguesa xa que non atinxe o 20% de programación nacional.
Fonte: Correio da Manha
O Goberno español solicita que o galego, o catalán e o éuscaro sexan linguas oficiais da UE
As institucións europeas están a estudar a petición de España que, nunha carta asinada polo ministro de Asuntos Exteriores, solicita que o galego, o catalán e o éuscaro se convertan en linguas oficiais da UE.
Fonte: EITB
A nova lexislación de Estonia en materia de educación podería afectarlle á minoría lingüística rusa
A ONU amosou a súa preocupación pola nova lexislación estoniana en materia de educación, xa que esta podería afectarlle á minoría étnica rusa e ao ensino en linguas minoritarias.
Fonte: Sputnik
Un proxecto busca a protección de máis de 120 linguas e dialectos da China

Segundo informou o Ministerio de Educación da China, finalizou o traballo de investigación e protección dun proxecto de protección de recursos de idiomas que abarca máis de 120 linguas e dialectos chineses.
Fonte: CGTN
Google inclúe un tradutor automático en Gmail
Esta nova funcionalidade de Gmail traducirá automaticamente os correos recibidos que estean noutra lingua. Funcionará con todos os idiomas, sempre que o tradutor de Google o poida detectar baseándose no seu contido.
Fonte: El Español
Convócase a novena edición do Premio de Revelación Literaria UCCLA-CMLISBOA que busca novos talentos literarios en portugués

Ata o 5 de novembro está aberto o prazo para a presentación de candidaturas ao Premio Revelación Literaria UCCLA-CMLisboa-Novos Talentos, Novas Obras en Lingua Portuguesa, destinado a escritores que non publicasen anteriormente.
Boletín
Subscríbase ao boletín