Mundo

A canle de televisión en gaélico irlandés TG4 precisa de máis financiamento público

O director xeral da TG4, canle de televisión en gaélico irlandés de Irlanda, declarou que a corporación precisa de ter o mesmo financiamento público que outras canles de linguas minorizadas europeas.

Fonte: Irish Central

O Goberno de Gales creará un comité para garantir a atención médica en lingua galesa

A ministra de Sanidade do País de Gales, Eluned Morgan, anunciou quen serán os integrantes do comité que avaliará o plan do Goberno de Gales para garantir o acceso á saúde en lingua galesa.

Fonte: Caerphilly Observer

A única escola primaria de inmersión en galés de Londres toma medidas para non pechar

Con tan só 12 alumnos e alumnas, a única escola primaria de lingua galesa de Londres está implementando medidas para salvala do peche. Entre as iniciativas destaca a creación de clases de galés para familias.

Fonte: My London

As autoridades de Arabia Saudita queren incentivar a aprendizaxe da lingua chinesa no ensino secundario

As autoridades educativas de Arabia Saudita aprobaron unha serie de iniciativas para promover a aprendizaxe da lingua chinesa no sistema educativo.

Fonte: Gulf News

Arredor de 1400 mozas e mozos estudan éuscaro en todo o mundo

Un total de 34 institucións académicas en Europa, América e Asia inclúe o éuscaro, a súa literatura e a súa cultura nos plans de estudo grazas á colaboración do Instituto Vasco Etxepare e a Universidade do País Vasco.

Fonte: Cadena SER

Atacan un coñecido activista a prol da lingua tibetana

Un grupo de homes non identificados atacaron o activista tibetano Tashi Wangchuk que se dispuña a dar unha charla sobre a desaparición da lingua tibetana nas escolas.

Fonte: Radio Free Asia

O Goberno do Reino Unido custeará clases de inglés para cidadáns ucraínos

Con motivo do Día da Independencia de Ucraína, o Goberno do Reino Unido confirmou que sufragará clases de inglés para cidadáns ucraínos para axudalos a incrementar as súas oportunidades laborais.

Fonte: Gov.uk

A oficialización do galego, éuscaro e catalán na UE podería supor un problema para o servizo de tradución comunitario

A proposta de converter o galego, catalán e éuscaro en linguas oficiais da UE poría en serias dificultades o servizo de tradución da UE ante as complicacións técnicas que suporía ter que traducir toda a lexislación comunitaria a estes tres novos idiomas.

Fonte: Financial Times

Un proxecto universitario quere salvar a lingua carelia

A Universidade de Finlandia Oriental está a desenvolver un proxecto para revitalizar a lingua carelia que conta con tan só 11000 falantes en ambos lados da fronteira oriental de Finlandia con Rusia.

Fonte: YLE

A multinacional de tecnoloxía Meta lanza un modelo de IA capaz de traducir 100 linguas

A empresa de tecnoloxía Meta lanzou o modelo de IA SeamlessM4T co que poderá traducir e transcribir unhas 100 linguas diferentes. 

Fuente: TechCrunch

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder