Mundo
Traducen por vez primeira O Principiño á lingua aimará en Bolivia
A Feira Internacional do Libro da Paz acolleu a presentación da tradución ao aimará do clásico de Antoine de Saint-Exupéry O Principiño, cuxo título nesta lingua é Warawar wawa.
Fonte: Infobae
O filme “O Corno”, rodado en lingua galega, estrearase no festival de Toronto

O filme O Corno, dirixido por Jaione Camborda e rodado en galego e portugués nas comarcas de Arousa e Baixo Miño, competirá na sección Platform do Festival Internacional de Cinema de Toronto (TIFF), onde se producirá súa estrea internacional.
Fonte: Culturagalega
Crean o primeiro mapa oficial en Colombia nunha lingua indíxena
O Instituto Agustín Codazzi decidiu xerar un mapa en lingua cofán. Ata o de agora os mapas colombianos incluían os topónimos en español, polo que, grazas a esta iniciativa, unha lingua indíxena aparecerá na cartografía colombiana.
Fonte: El Espectador
A lingua francesa atópase cada vez máis ameazada no Canadá
Malia que o francés é unha das dúas linguas oficiais do Canadá, onde está presente dende o século XVII, a súa supervivencia neste país está ameazada, algo que lles preocupa aos francófonos canadenses.
Fonte: Le Figaro
Varias iniciativas mostran o impacto positivo do apoderamento dixital nas linguas indíxenas

Un total de once estados membro da Unesco desenvolveron plans de acción nacionais cuxo obxectivo é salvagardar, revitalizar e promover as linguas indíxenas a través do apoderamento dixital. O uso da tecnoloxía como ferramenta para preservar a diversidade lingüística constitúe un aspecto central no Decenio Internacional das Linguas Indíxenas.
Fonte: Unesco
Un equipo de máis 80 lingüistas e xenetistas suxire unha nova hipótese sobre a orixe das linguas indoeuropeas
Un novo estudo, no que se combina lingüística e xenética, sinala unha hipótese híbrida sobre a orixe das linguas indoeuropeas, familia á que pertencen máis de 150 idiomas que falan arredor de 3200 millóns de persoas.
Fonte: El Debate
Unha canle boliviana estrea un espazo de noticias en aimará

ATB Digital estreou o 1 de agosto un resumo de noticias en aimará que se retransmitirá a través das súas redes sociais, así como da páxina web desta canle.
Fonte: ATB Digital
Un centro cultural e a Universidade do Úlster colaboran para outorgar o Certificado de Lingua Irlandesa
O Centro Cultural e Artístico e da Lingua Irlandesa da cidade norteirlandesa de Amargh vai colaborar coa Universidade do Úlster para poder outorgar certificados oficiais de competencia de gaélico irlandés.
Fonte: Armaghi
A empresa de transportes Transport for Wales comprométese a incrementar o uso da lingua galesa

Tras unha reunión coa agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith, a empresa de transportes Transport for Wales comprometeuse a expandir o uso do galés tanto nos sinais informativos como por parte do seu persoal.
Fonte: Nation Cymru
O estado de Amazonas recoñece 17 linguas como oficiais
O estado brasileiro de Amazonas aprobou unha lei que recoñece a oficialidade de 17 linguas, 16 delas indíxenas.
Fonte: O Primeiro Portal
Boletín
Subscríbase ao boletín