Mundo

O Instituto Confucio de Katmandú formou 50 000 profesionais da lingua chinesa

O Instituto Confucio da Universidade de Katmandú, no Nepal, formou desde a súa creación hai 16 anos case 50 000 profesionais de lingua chinesa.

Fonte: Xinhua

Guinea Ecuatorial decreta a introdución oficial do portugués no ensino

O embaixador de Guinea Ecuatorial en Lisboa afirmou que o Goberno do seu pais decretou a introdución oficial da lingua portuguesa no sistema educativo.

Fonte: e-Global

O Goberno do Amazonas quere recoñecer as linguas indíxenas como patrimonio inmaterial

O Goberno do estado brasileiro do Amazonas quere aprobar un proxecto de lei que garanta o recoñecemento das linguas indíxenas que se falan no estado como patrimonio cultural inmaterial.

Fonte: Mário Adolfo

O uso excesivo do inglés pode ter un impacto na competencia en lingua albanesa entre a mocidade

O nivel de competencia en lingua albanesa entre a xente nova diminíu de acordo cos resultados das probas de maturidade realizadas en todo o país balcánico. A razón desta diminución podería estar no uso excesivo do inglés nas redes sociais.

Fonte: Euroactiv

Malawi introducirá o ensino do suahili no currículo educativo

O presidente de Malawi, Lazarus Chakwera, anunciou que o Ministerio de Educación decretará a introdución do suahili no currículo das escolas.

Fonte: VOA News

Unha nova serie radiofónica en irlandés explora os barrios históricos de Belfast

Unha serie radiofónica da BBC e RTÉ, producida en gaélico irlandés, explora a fascinante historia dos barrios históricos da cidade de Belfast.

Fonte: The Irish News

A Universidade de Londrina no Brasil oferta cursos de oito idiomas estranxeiros

O Laboratorio de Linguas da Universidade Estatal de Londrina, no estado brasileiro do Paraná, abriu o prazo de matrícula para cursos de 8 linguas: alemán, lectura instrumental en alemán, español, francés, inglés, lectura instrumental en inglés, inglés para crianzas, italiano, latín, mandarín e portugués para falantes doutras linguas.

Fonte: O Perobal

As persoas graduadas en enfermaría procedentes de fóra da UE non deberán facer unha proba de lingua para traballar en Dinamarca

Dinamarca non obrigará as persoas con titulación en enfermaría procedentes de fóra da Unión Europea a realizaren un exame de dinamarqués para que poidan traballar no país.

Fonte: The Local

A ministra de Educación de Estonia alerta que se necesitará máis financiamento para transitar cara a unha instrución plena en estoniano

A minista de Educación de Estonia, Kristina Kallas, alertou que para poder implementar o plan de educación en lingua estoniana o Estado deberá destinar máis financiamento cada ano.

Fonte: ERR

O Tribunal Constitucional de Letonia considera que a educación unicamente en letón é anticonstitucional

O Tribunal Constitucional de Letonia considera que a norma que obriga ao ensino unicamente en letón é contraria á constitución do país báltico.

Fonte: Baltic News Newtwork

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder