Mundo
Unha ferramenta en liña recrea o son de 15 idiomas ancestrais
Equator AL, unha tecnoloxía baseada na intelixencia artificial, recreou quince linguas ancestrais, entre as que se encontran o inglés antigo ou o idioma que falaban os fenicios. Esta nova ferramenta non só permite visitarmos o pasado, senón que nos axuda a comprendermos a evolución das linguas.
Fonte: Maistecnologia
Municipios quebequeses únense para impugnar a nova lei sobre a lingua francesa

Varios municipios bilingües do Quebec unen as súas forzas para impugnar a Lei 96 que regulará a lingua francesa. Consideran que é abusiva xa que baixo o novo texto lexislativo vai ser máis difícil recibir servizos en lingua inglesa.
Fonte: RCI
Presentan o Dicionario Oficial Español-Quechua
O Ministerio de Dereitos Humanos e Pobos Indíxenas da Arxentina presentou o Dicionario Oficial Español-Quechua que nace como unha ferramenta de promoción e preservación da lingua quechua na provincia arxentina de Jujuy.
Fonte: Gobierno de Jujuy
A xustiza galesa dálle a razón a unha usuaria dun aparcadoiro que reclamaba documentación en galés
Un xuíz do País de Gales deulle a razón a unha condutora que reclamara a presentación de documentación bilingüe galés-inglés para o pagamento dunha multa nun aparcadoiro de Anglesey.
Fonte: BBC
Unha escola suple a falta do ensino do portugués en Irlanda do Norte
A Escolinha da Língua Portuguesa de Portadown, Irlanda do Norte, ofrece aulas de lingua portuguesa a nenos e nenas procedentes de familias de orixe lusófona e suple a falta de medios no ensino da lingua portuguesa nesta parte do Reino Unido.
Fonte: Observador
Francia asina un acordo para promover o ensino do francés na cidade nixeriana de Lagos
Emmanuelle Blatmann, embaixadora de Francia en Nixeria, asinou un acordo para promover o ensino da lingua francesa nas escolas públicas da cidade nixeriana de Lagos.
Fonte: Businnes Day
O francés convértese na única lingua oficial dunha municipalidade de Nova Brunswick
O municipio de Belle-Baie, da provincia canadense de Nova Brunswick, converteu o francés na súa única lingua oficial. Porén, fontes do municipio confirmaron que se ofrecerán servizos en inglés despois de que algúns residentes rexistraran queixas.
Fonte: CBC
Un informe evidencia que as institucións locais do País de Gales deberían contar con competencias para protexer a lingua galesa
Un informe elaborado pola Comisión das Comunidades de Lingua Galesa evidencia a necesidade de que os municipios con maior porcentaxe de falantes de galés do País de Gales deberían contar con maiores competencias para protexer a lingua galesa.
Fonte: BBC
A xustiza finlandesa pídelle á Universidade de Aalto que garanta a instrución en finés
A xustiza finlandesa demanda á Universidade de Aalto que propoña medidas para garantir que o finés sexa a lingua principal de instrución e reduza cursos ofertados en inglés.
Fonte: Research Professional News
Publican o último libro do Dicionario dos Dialectos Estonianos
O Instituto da Lingua Estoniana acaba de publicar o libro número 35 co que se completa o Dicionario dos Dialectos Estonianos, unha obra lexicográfica de 7300 páxinas.
Fonte: ERR
Boletín
Subscríbase ao boletín