Mundo
O Instituto Cultural Vasco propón unha residencia de creación literaria en vilas do País Vasco francés e Euskadi
O Instituto Cultural Vasco e outras asociacións de Iparralde lanzan a convocatoria dunha residencia de creación literaria en éuscaro sobre o escritor Pierre Loti en varias localidades do País Vasco francés e Euskadi.
Fonte: Mediabask
O Quebec quere exonerar os pobos indíxenas da aplicación da nova Lei da lingua francesa
O Goberno do Quebec quere crear unha excepción no que respecta á súa nova Lei da lingua francesa (Lei 96) e exonerar os pobos orixinarios do Canadá da súa aplicación.
Fonte: CBC
A Universidade Tecnolóxica de Chipre (Tepak) ofertará máis graos en lingua inglesa
O reitor da Universidade Tecnolóxica de Chipre, Panagiotis Zafiris, anunciou que, a partir do próximo curso, novos estudos conducentes ao grao serán ofertados en lingua inglesa.
Fonte: Cyprus Mail
O transporte marítimo de pasaxeiros de Escocia terá nomes en gaélico
A empresa que xestiona o transporte marítimo de pasaxeiros de Escocia, Caledonian Maritime Assets Ltd (CMAL, polas súas siglas en inglés), anunciou que os seus barcos e portos contarán con nomes en gaélico escocés e sinais bilingües co fin de promover a lingua.
Fonte: The National
Lula da Silva emprenderá unha campaña para que o portugués consiga ser lingua oficial da ONU
O presidente do Brasil, Lula da Silva, reafirmou o seu compromiso para que o portugués se converta en lingua oficial da Organización das Nacións Unidas e anunciou que vai emprender unha campaña para conseguir tal fin.
Fonte: VOA
O novo alcalde de Berlín rexeita o uso da linguaxe inclusiva
O novo alcalde de Berlín, Kai Wegner, negarase a empregar a linguaxe inclusiva durante o seu mandato. A súa negativa levantou unha gran polémica en Alemaña.
Fonte: The Guardian
Unha iniciativa busca traducir a Constitución Federal do Brasil á lingua nheengatu

Un proxecto coordinado polo presidente da Biblioteca Nacional do Brasil, Marco Lucchesi, quere promover a tradución da Constitución Federal ao nheengatu, a lingua xeral da Amazonia brasileira.
Fonte: Info Money
A falta de profesorado pode pór en risco o obxectivo de atinxir o millón de falantes no País de Gales
Un informe do Parlamento do País de Gales revelou que non existe suficiente profesorado para poder facer fronte ao reto de conseguir o millón de falantes de galés para o ano 2050.
Fonte: BBC
O cineasta Pedro Almodóvar anuncia en Cannes que rodará o seu primeiro filme en inglés
O director Pedro Almodóvar anunciou na cidade francesa de Cannes que no verán rodará o seu primeiro filme en lingua inglesa.
Fonte: Página 12
O Parlamento Europeo subliña a importancia da dobraxe e o subtitulado nas linguas minorizadas

O Parlamento Europeo publicou unha resolución na que subliña a importancia de facilitar a accesibilidade (dobraxe, subtítulos, audiodescrición e outros) en todas as linguas do territorio no que se presta o servizo de comunicación audiovisual.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín