Mundo
A autoridade unitaria de Scottish Borders revela o seu programa de promoción do gaélico escocés
A autoridade unitaria de Scottish Borders, no sur de Escocia, quere desenvolver un plan de promoción do gaélico escocés que axude a incrementar o seu uso na municipalidade.
Fonte: The National
A Escola Galesa de Londres está en risco pola falta de alumnado
O forte descenso do número de alumnado pode pór en risco a supervivencia da Escola Galesa de Londres. O centro localizado no barrio londiniense de Ealing conta actualmente con 8 alumnos e alumnas.
Fonte: Evening Standard
Os Países Baixos queren limitar a instrución en inglés nas universidades
Unha nova lei obrigará as universidades neerlandesas a reduciren até un terzo o número de materias que se poden impartir en inglés. A lei tamén contempla a posibilidade de obrigar os estudantes estranxeiros a aprenderen nocións básicas de neerlandés.
Fonte: The Guardian
Publican o primeiro manual escolar para o ensino do mirandés

As escolas de ensino básico de Miranda do Douro contan desde xa co primeiro manual didáctico de ensino do mirandés, segunda lingua oficial de Portugal desde 1999.
Fonte: Portugal Digital
Varias artistas néganse a participar no festival nacional Eisteddfod a causa da estrita política lingüística
Varias artistas musicais do País de Gales néganse a participar no festival nacional da lingua e literatura en galés Eisteddfod polas estritas normas lingüísticas que as obrigan a traducir todas as súas letras ao galés.
Fonte: BBC
Unha aplicación brasileira para estimular a aprendizaxe da lingua de signos gaña un premio internacional
Un grupo de alumnado de varias universidades brasileiras venceu o premio German-Brazilian EdTech Hackathon 2023 pola súa aplicación que fomenta a aprendizaxe da lingua de signos.
Fonte: Só Notícia Boa
Anuncian a prohibición de clases de tibetano nunha rexión do Tíbet
As autoridades chinesas anunciaron a prohibición da aprendizaxe do tibetano na rexión tibetana de Kham Kardze, segundo informou o grupo freetibet.org.
Fonte: Phayul
O dicionario Priberam da lingua portuguesa presenta unha interface máis fácil de usar
O Dicionario Priberam da Lingua Portuguesa acaba de presentar unha nova interface renovada e máis fácil de usar que pode ser consultada tanto desde computadores como desde dispositivos móbiles.
Fonte: 4gnews
O Goberno británico lanza unha consulta sobre a materia de lingua de signos británica que se ofertará nas escolas secundarias
O Goberno británico acaba de lanzar un proceso de consulta sobre os contidos da que será unha nova materia do ensino secundario: Lingua de Signos Británica.
Fonte: BBC
Un informe revela que a maior parte dos postos directivos da cidade de Bruxelas son francófonos
Un informe sobre o cumprimento da lexislación lingüística revelou que a pesar de que as leis establecen que Bruxelas é unha cidade 100% bilingüe francés-neerlandés, a maior parte dos cargos directivos seguen a estar ocupados por persoas francófonas.
Fonte: The Brussels Time
Boletín
Subscríbase ao boletín