Mundo

O Museo do Indio de Roraima lanza unha gramática da lingua wapichana

O Museo do Indio de Boa Vista, no estado brasileiro de Roraima, fixo o prelanzamento da Gramática Pedagóxica da Lingua Wapichana, froito dun traballo de documentación lingüística realizado no ámbito do Proxecto Salvagarda do Patrimonio Lingüístico e Cultural dos Pobos Indíxenas Transfronteirizos.

Fonte: Ministério dos Povos Indígenas

A comisaria da Lingua Galesa imporá novas normas de cumprimento relacionadas co uso do idioma vernáculo

A comisaria da Lingua Galesa do País de Gales, Efa Gruffudd Jones, anunciou normas de cumprimento sobre o uso do galés para organismos reguladores de profesións do ámbito sanitario.

Fonte: WalesOnline

Unha reforma educativa permitirá fomentar o ensino universitario en inglés en Dinamarca

O Parlamento de Dinamarca aprobou unha reforma do ensino superior que levará a un incremento do número de prazas en carreiras universitarias impartidas en inglés.

Fonte: The Local

A empresa de radio e televisión TRT inicia a súa emisión en inglés, francés, suahili e hausa

A empresa de radio e televisión turca TRT África iniciará a súa emisión en varios países africanos e transmitirá en inglés, francés, suahili e hausa.

Fonte: TRT

YouTube empregará intelixencia artificial para traducir vídeos a cinco linguas

Creadores de contidos dixitais anunciaron que YouTube vai empregar a intelixencia artificial para dobrar os seus vídeos a portugués e a outras catro linguas.

Fonte: PCGuia

Moitas persoas non conseguen reunificarse coas súas familias en Alemaña polo baixo nivel de lingua alemá

Máis de 13 000 cónxuxes de familias demandantes de asilo en Alemaña non conseguiron reunificarse coas súas familias polo baixo nivel de lingua alemá. 

Fonte: Info Migrants 

O Goberno de Islandia aproba unha resolución para potenciar a lingua islandesa

O Goberno de Islandia aproba unha resolución parlamentaria de 18 accións para potenciar e protexer a lingua islandesa.

Fonte: Iceland Review

O mundo celebra o Día Mundial do Suahili

O mundo celebra o Día Mundial do Suahili, unha conmemoración proclamada polas Nacións Unidas para reivindicar e potenciar o seu uso. Este ano o obxectivo é descubrir o potencial que esta lingua africana ten no mundo dixital.

Fonte: UNESCO

Portugal e Angola abordan a promoción internacional da lingua portuguesa

A secretaria de Estado de Relacións Exteriores de Angola, Esmeralda Mendonça, reuniuse coa ministra de Xustiza de Portugal, Catarina Sarmento e Castro, para abordar a promoción do portugués no ámbito internacional.

Fonte: Plataforma Angola

Un aborixe de Australia poderá ensinar a lingua wakka wakka

Nunha pequena escola da localidade australiana de Eidsvold, o docente aborixe Corey Appo recibe un permiso para poder impartir aulas da lingua wakka wakka e revitalizar o seu uso.

Fonte: Nation Cymru

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder