Mundo
A capital de Ucraína prohibe temporalmente as manifestacións culturais en lingua rusa
Kíiv, a capital de Ucraína, decretou unha prohibición temporal das manifestacións culturais públicas en lingua rusa por mor da invasión de Rusia.
Fonte: DW
O Consello de Europa fai un ditame sobre a situación das linguas rexionais de Serbia
Un informe publicado polo Comité de Expertos sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Comunitarias do Consello de Europa revela que Serbia conseguiu mellorar a situación das súas linguas minorizadas malia que aínda sexan precisos máis esforzos para garantir o seu uso en educación, medios de comunicación e vida pública.
Fonte: Council of Europe
Un acordo entre Cornualles e o País de Gales potenciará a colaboración en materia lingüística

O primeiro ministro de Gales e a líder do Consello de Cornualles asinaron un acordo de entendemento para potenciar a colaboración en materia lingüística, entre outros ámbitos de interese.
Fonte: Business Cornwall
O Consello de Europa publica un informe sobre a situación das linguas minoritarias en Austria
Un informe publicado polo Comité de Expertos sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Comunitarias do Consello de Europa revela que Austria fixo avances positivos na protección e promoción das súas linguas minoritarias mais debe seguir traballando porque aínda quedan aspectos sen tratar.
Fonte: Council of Europe
A minoría xermanófona de Polonia lanza unha campaña para demandar máis horas de ensino en alemán
A minoría étnica de fala alemá de Polonia lanzou unha campaña para que o Goberno polaco garanta o ensino en lingua alemá despois dos recortes que fixo no pasado.
Fonte: Notes from Poland
Un estudo revela o tempo que as persoas investigadoras non anglófonas dedican ao traballo coa lingua inglesa
Un estudo publicado en PLoS Biology revelou que as persoas investigadoras que non teñen o inglés como lingua materna destinan o dobre de tempo a ler, redactar e presentar datos nesta lingua.
Fonte: Nature
Vila Nova de Cerveira entrega os certificados de portugués como lingua de acollemento
A localidade portuguesa de Vila Nova de Cerveira entregou os Certificados de Portugués como Lingua de Acollemento a 74 migrantes, de 11 nacionalidades diferentes, que están a residir e trabalhar no concello.
Fonte: Diário do Minho
O produtor Ryan Reynolds quere emitir contidos en lingua galesa en Norteamérica
Co fin de espallar a lingua galesa nas pantallas do público norteamericano, o produtor e actor canadense Ryan Reynolds quere emitir contidos en galés na televisión estadounidense.
Fonte: The Guardian
A feira SAGA consolídase como o evento de referencia da industria dos videoxogos en lingua catalá
A segunda edición de SAGA, salón do gaming, consolídase como evento de referencia da industria dos xogos en lingua catalá. A organización prevé superar a cifra de 3500 asistentes en comparación coa edición anterior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O portugués é coroado lingua europea do amor
Un estudo realizado por un grupo de expertos dunha plataforma de aprendizaxe de linguas revelou que, dunha selección de 16 linguas europeas, o portugués é considerado o idioma europeo do amor e a familia.
Fonte: The Portugal News
Boletín
Subscríbase ao boletín