Mundo

O ministro de Educación e Ciencia dos Países Baixos quere reforzar a lingua neerlandesa nas universidades

Nunha carta dirixida ao Parlamento dos Países Baixos, o ministro de Educación, Ciencia e Cultura, Robbert Dijkgraaf, prometeu que reforzará o dominio da lingua neerlandesa nas universidades para contrarrestar a crecente influencia do inglés.

Fonte: Research Professional News

Un estudo revela que a maioría dos canadenses senten indiferenza pola lingua francesa

Un estudo revela que despois de 54 anos de bilingüismo, a maioría da cidadanía anglófona do Canadá se mostra indiferente cara á lingua francesa. O sentimento de indiferenza é maior na zona oeste do país.

Fonte: Western Standard

Unha deputada de Groenlandia négase a facer a súa intervención en dinamarqués no parlamento

A parlamentaria groenlandesa Aki-Matilda Høegh-Dam négase a intervir en dinamarqués no Parlamento de Dinamarca e fai o seu discurso integramente en lingua inuit. A acción está avivando as tensas relacións que existen entre Dinamarca e o territorio autónomo de Groenlandia.

Fonte: The Guardian

Marrocos e o Reino Unido asinan un acordo para promover a aprendizaxe do inglés nas universidades

O ministro de Ensino Superior de Marrocos e o British Council do Reino Unido asinan un acordo para potenciar a aprendizaxe do inglés e a súa avaliación nas universidades públicas do país africano.

Fonte: Morocco World News

Medra o interese polo finés nas escolas estonianas

Un número cada vez maior de escolas estonianas está mostrando interese por introducir o ensino da lingua finesa no currículo. A razón radica na proximidade xeográfica e nos estreitos lazos culturais que existen entre Estonia e Finlandia.

Fonte: ERR

O Novo Ano Tamazight será festivo nacional en Marrocos

O rei Mohammed VI anunciou que a partir de 2024, o Novo Ano Tamazight, o día 5 de maio, será festivo nacional en Marrocos.

Fonte: Nationalia

Unha manifestación pide protección para a lingua galesa ante a especulación das segundas residencias

A vila galesa de Caernarfon acolleu unha protesta para demandar maior protección para as comunidades de lingua galesa e para esixir unha regulación do mercado inmobiliario das segundas residencias.

Fonte: The Guardian

A escolarización e as novas tecnoloxías son os principais desafíos da lingua portuguesa

O director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, João Laurentino Neves, identificou o grao de escolarización e as novas tecnoloxías como os maiores desafíos que ten a lingua portuguesa no mundo.

Fonte: Balai

Google anuncia o seu novo modelo de linguaxe PaLM2

Google anunciou a presentación do seu novo modelo de linguaxe capaz de realizar un importante número de tarefas en máis de 100 linguas. Responsables da multinacional defenderon que se trata do modelo de linguaxe máis rápido e eficiente que existe na actualidade.

Fonte: The Indian Express

O 60% dos ucraínos fala a lingua nacional

Unha enquisa elaborada por Gradus Research revelou que actualmente o 60% da poboación ucraína fala a lingua nacional. O estudo observa tamén un incremento no uso da lingua en amplas zonas do país e, especialmente, entre as persoas máis novas e as de idades comprendidas entre os 55 e os 60 anos.

Fonte: Ukrinform

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder