Mundo
Luxemburgo conmemora o Día Internacional da Lingua Portuguesa con música lusófona
O Centro Cultural Portugués Camões de Luxemburgo, en colaboración coa Embaixada de Portugal e a Embaixada de Cabo Verde, realizará un concerto de música lusófona para celebrar o Día Mundial da Lingua Portuguesa, data proclamada pola Unesco.
Fonte: Bom dia
O primeiro ministro de Portugal fará entrega do Premio Camões 2021 á escritora mozambicana Paulina Chiziane
O próximo 5 de maio, o primeiro ministro de Portugal, António Costa, entregará o Premio Camões de 2021 que fora outorgado á escritora mozambicana Paulina Chiziane, autora do libro Niketeche: Uma História de Poligamia.
Fonte: Público
Un novo estudo científico revela que as persoas bilingües poden estar máis preparadas para previr o alzhéimer
Un estudo científico publicado na revista Frontiers in Human Neuroscience revelou que as persoas bilingües, é dicir, aquelas que conseguen interactuar facilmente en dúas linguas, poderían ser menos propensas a padecer alzhéimer.
Fonte: Canaltech
A cerimonia de coroación do rei Carlos III daralles cabida ás linguas vernáculas
A cerimonia de coroación do rei Carlos III do Reino Unido será celebrada en inglés e nas outras tres linguas vernáculas faladas nos diferentes países que integran o reino: galés, irlandés e gaélico escocés.
Fonte: Independent.ie
Inaugúrase unha feira sobre o estudo do chinés en Vietnam
Un total de 52 universidades chinesas e máis de 12 000 persoas convidadas participarán nunha feira sobre o ensino e o estudo da lingua chinesa en Hanoi, Vietnam.
Fonte: XINHUA Português
Medra a aceptación do crioulo caboverdiano como lingua oficial en Cabo Verde
Unha enquisa elaborada por Afrobarometer revelou un importante incremento no apoio á oficialización do crioulo caboverdiano en Cabo Verde en todas as faixas de idade.
Fonte: e-Global
Académicas da Universidade de Vigo e das Illas Baleares visitan Xibraltar para interesarse polo llanito
Dúas académicas da Universidade de Vigo, Elena Seoane, e da Universidade das Illas Baleares, Cristina Suárez Gómez, visitaron Xibraltar para interesarse polo llanito, variante lingüística falada neste territorio británico e promover a súa literatura.
Fonte: The Olive Press
Unha manifestación en Iparralde reivindica unha política eficaz para o éuscaro
Centos de persoas manifestáronse na cidade vascofrancesa de Baiona para reclamar máis apoio e unha política eficaz para o éuscaro.
Fonte: Eitb
O Ministerio de Educación de Gales convoca unha bolsa para estimular a contratación de profesorado de galés
O Ministerio de Educación e da Lingua Galesa do País de Gales convocou bolsas de 5000 libras esterlinas para incentivar a contratación de profesorado que poida impartir materias en galés.
O gaélico irlandés estará presente no festival Eurosong de 2023
O gaélico irlandés volverá estar presente nunha canción do festival Eurosong 2023 grazas ao intérprete Adgy, que cantará unha parte da súa canción nesta lingua. Desde 1999, ningún cantante empregara a lingua vernácula de Irlanda neste certame que escollerá a persoa representante de Irlanda en Eurovisión.
Fonte: ESCplus
Boletín
Subscríbase ao boletín