Mundo

A Administración Central do Tíbet augura a desaparición paulatina da lingua tibetana

O líder da Administración Central Tibetana, Penpa Tsering, augurou a desaparición paulatina da lingua e cultura tibetanas se China non detén as súas políticas de asimilación cultural.

Fonte: News Drum 

Presentan en Paraguai un dicionario cuadrilingüe

A Sala Bicameral do Congreso Nacional de Paraguai acolleu a presentación do Dicionario Cuadrilingüe que inclúe a tradución de palabras en guaraní, ayoreo, castelán e portugués. A obra é de acceso libre.

Fonte: Última Hora

Un acordo promoverá o uso do catalán na cidade de Perpiñán

Un acordo entre a Plataforma pola Lingua e o equipo de rugby Dracs Catalans de Perpiñán promoverá o uso da lingua catalá nesta cidade da Cataluña do Norte.

Fonte: Món Esport

Gabriel García Márquez convértese no autor de fala española máis traducido

O Instituto Cervantes anunciou que o autor colombiano Gabriel García Márquez se converteu no escritor de fala española máis traducido na historia da literatura española do século pasado, superando a Miguel de Cervantes.

Fonte: Euronews 

Iparralde contará con máis escolas de inmersión total en éuscaro

O próximo curso 2023-2024 incrementarase en Iparralde o número de escolas infantís de inmersión en éuscaro e crearanse, por tanto, novas prazas docentes nesta modalidade.

Fonte: Ehige

A Fundación Oriente apoia o ensino da lingua portuguesa en Goa

A Fundación Oriente, sociedade pública que se ocupa de promover as relacións históricas entre Portugal e os países orientais, apoia o ensino da lingua portuguesa cun total de 800 alumnos e alumnas no estado indio de Goa.

Fonte: Sapo

A Universidade de Sheffield lanza un curso de ucraíno

A Universidade de Sheffield lanzou un curso de ucraíno para que as familias británicas aprendan unhas nocións desta lingua eslava e poidan comunicar coas persoas refuxiadas que deixaron o seu país a causa da guerra.

Fonte: BBC

O estado de Washington eliminará os requisitos lingüísticos para varios postos de traballo

O Senado do estado de Washington (EUA) aprobou unha lei que elimina o requisito de coñecemento da lingua inglesa para poder desempeñar postos de policía, bombeiro e shériff. A medida responde a unha necesidade de diminuír a falta de persoal.

Fonte: Police 1

As persoas autónomas de Lituania deberán ser competentes na lingua nacional

O Parlamento de Lituania quere modificar as leis en vigor para que aquelas persoas que traballen como autónomas e residan en Lituania deban ser competentes en lituano.

Fonte: Baltic News Network 

A Asemblea Consultiva de Arabia Saudita aproba unha lei para a promoción da lingua árabe

A Asemblea Consultiva de Arabia Saudita ou Consello da Shura aprobou un proxecto de lei que decretará o uso obrigatorio da lingua árabe por parte de axencias gobernamentais e externas.

Fonte: Saudi Gazette 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder