Mundo
S4C presenta un filme sobre a loita social por conseguir unha canle de televisión en galés
A canle de televisión pública S4C e BBCiPlayer presentaron Y Sŵn, un filme en galés sobre as persoas que loitaron contra o goberno de Margaret Thatcher para que permitise a creación dunha televisión pública en lingua galesa.
Fonte: What to watch
Oito das catorce linguas indíxenas de Ecuador están en risco inminente de extinción
Segundo a Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador, oito das catorce linguas indíxenas están en risco inminente de extinción. Así mesmo, dúas linguas da Amazonia xa están consideradas extintas: zápara e shimigae.
Fonte: El Oriente
Unha universidade peruana crea unha presentadora de noticias en quechua grazas á intelixencia artificial
A Universidade Maior de San Marcos do Perú desenvolveu, grazas á intelixencia artificial, a primeira presentadora virtual capaz de narrar as noticias en lingua quechua.
Fonte: Prensa Latina
Colombia crea o seu primeiro arquivo dixital de linguas indíxenas da Amazonia

A Biblioteca Nacional de Colombia xa conta co seu primeiro arquivo sonoro de linguas indíxenas da Amazonia. O arquivo é de consulta libre e busca preservar a ampla riqueza lingüística da Amazonia colombiana.
Fonte: El País
O Goberno de Gales aprobará unha lei que garantirá que todos os escolares galeses sexan competentes en galés
Unha nova lei da Asemblea de Gales quere garantir que todo o alumnado escolarizado sexa plenamente competente en lingua galesa antes de rematar os seus estudos.
Fonte: BBC
O Goberno de Italia presenta unha proposta de lei para prohibir o uso de palabras estranxeiras na Administración pública
O deputado Fabio Rampelli presentou na Cámara dos Deputados italiana unha proposta de lei que prohibirá o uso de palabras estranxeiras na Administración pública. O incumprimento da norma pode levar a multas de 100 000 euros.
Fonte: CNN Brasil
O Instituto Confucio do Porto abre as inscricións para unha nova edición dos cursos de lingua chinesa

O Instituto Confucio abriu as inscricións para a nova edición dos cursos de lingua chinesa para persoas adultas e crianzas que se impartirán na Universidade do Porto.
Fonte: Universidade do Porto
O Goberno de Macau reafirma o seu compromiso por promover a lingua portuguesa
Nun encontro co embaixador portugués na China, o xefe do executivo de Macau, Ho Iat Seng, reafirmou o seu compromiso coa preservación da cultura e lingua da comunidade portuguesa.
Fonte: Bom dia
A Biblioteca Nacional de Israel publica os seus fondos en sefardí e español
A Biblioteca Nacional de Israel anunciou o acceso en liña dos seus fondos en lingua española e de orixe sefardí pertencentes aos xudeus hispánicos que foron expulsados da Península Ibérica no século XV.
Fonte: JNS
Unha manifestación pide en Dublín unha nova política a prol do gaélico no sistema educativo
Un grupo de manifestantes pide nas rúas de Dublín que o Goberno da República de Irlanda aprobe unha nova política a favor do ensino do gaélico irlandés en todo o sistema educativo.
Fonte: Irish Central
Boletín
Subscríbase ao boletín