Mundo
Un estudo revela que a nosa lingua materna moldea a conectividade cerebral
Un equipo científico do Instituto Max Planck das Ciencias Cognitivas revelou que a nosa lingua materna moldea as conectividades do noso cerebro e influencia a nosa maneira de pensar.
Fonte: Galileu
As escolas de Exipto introducen o ensino do ruso como segunda lingua estranxeira
Os ministerios de Educación de Rusia e Exipto acordaron a introdución da lingua rusa como segundo idioma estranxeiro nas escolas e institutos.
Fonte: Abramonline
Ruanda comprométese a promover a lingua francesa
A ministra de Educación de Ruanda, Valentine Uwamariya, anunciou un plan para a promoción da lingua francesa en todas as fases do sistema educativo, desde primaria até os estudos universitarios.
Fonte: All Africa
As Nacións Unidas celebran o Día Internacional da Francofonía

Como cada 20 de marzo, as Nacións Unidas celebran o Día Internacional da Francofonía, data que conmemora a importancia do francés como lingua de comunicación en países dos cinco continentes.
Fonte: Affairs Cloud
A Asociación da Lingua Mirandesa demanda a ratificación urxente da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias

A Asociación da Lingua Mirandesa solicitou ao Goberno portugués que ratifique urxentemente a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa para poder salvar a lingua mirandesa. Esta carta foi asinada por Portugal mais aínda cómpre ratificala formalmente.
Fonte: Público
Crean unha aplicación para salvar da extinción a lingua indíxena mazahua
Un cidadán do estado mexicano de México, César Cruz, creou a aplicación para dispositivos móbiles MazahuaApp que permitirá ensinar o idioma mazahua ás novas xeracións.
Fonte: Vértigo Político
Islandia recorrerá á intelixencia artificial para salvagardar a lingua islandesa
O crecente desenvolvemento dixital e a irrupción da lingua inglesa na tecnoloxía empregada pola cidadanía islandesa está pondo en risco a supervivencia do idioma islandés. A implementación da intelixencia artificial GPT-4 pode ser unha solución xa que permitirá desenvolver aplicacións e contornas dixitais en lingua islandesa e salvagardala para a súa transmisión xeracional.
Fonte: Infobae
O romanés é xa a lingua oficial da República Moldova
O Parlamento da República Moldova aprobou finalmente a lei que considera que o romanés é a lingua oficial do país.
Fonte: Euroactiv
A clase política de Timor Leste mostra consenso sobre o reforzo da lingua portuguesa no país
O secretario de Estado da Educación de Portugal, Antonio Leite, mostrou a súa satisfacción ante a unanimidade que a clase política de Timor Leste mostra sobre o reforzo da lingua portuguesa no país asiático.
Fonte: Observador
Un grupo de londinienses presenta unha campaña para que o cockney sexa considerado idioma oficial
Un grupo de londinienses presentou unha petición formal para que o dialecto local cockney sexa considerado idioma oficial.
Fonte: Evening Standard
Boletín
Subscríbase ao boletín