Mundo

Portugal e Timor Leste apoian que o portugués sexa lingua de traballo na Unión Interparlamentaria (UIP)

O presidente da Asemblea da República portuguesa, Augusto Santos Silva, apoia a proposta de Timor Leste de converter o portugués en lingua de traballo da organización internacional dos parlamentos, a Unión Interparlamentaria (UIP).

Fonte: SAPO

O letón é a lingua nativa do 64 % da poboación de Letonia

A Oficina Central Estatística de Letonia revelou que o 64,3 % da poboación de Letonia fala letón como lingua nativa mentres que o 37,7 % fala ruso. Ademais, o 1,3 % da cidadanía fala ucraíno e un 8,4 % latgalián.

Fonte: Baltic News Network

Cada vez é máis habitual que o persoal de tendas e supermercados nos Países Baixos non fale neerlandés

A dificultade á hora de contratar traballadores obrigou moitas tendas e supermercados dos Países Baixos a eliminaren o coñecemento de neerlandés como requisito. Esta situación deu lugar a un incremento no número de traballadores que sen competencias orais neste idioma.

Fonte: NL Times

O primeiro ministro de Cabo Verde defende o papel do portugués como lingua de traballo na ONU

O primeiro ministro de Cabo Verde, Ulisses Correia e Silva, defendeu no XI Encontro de Escritores de Lingua Portuguesa de Praia a necesidade de que o portugués se converta en lingua de traballo da ONU.

Fonte: Expresso das Ilhas

Irán prohibe o ensino das linguas estranxeiras en infantil e primaria

Irán anunciou a prohibición do ensino de linguas estranxeiras como o francés e o inglés nas etapas de infantil e primaria.

Fonte: Renascença

Inaugúrase en Lisboa unha exposición que aborda a diversidade da lingua portuguesa

O Museu da Electricidade de Belém, en Lisboa, inaugura a exposición "A Língua Portuguesa em Nós" que aborda o potencial e diversidade da lingua portuguesa.

Fonte: RTP

Ucraína recoñece o romanés como lingua oficial da minoría romanesa

O primeiro ministro de Romanía, Marcel Ciolacu, informou de que o Goberno de Ucraína recoñecerá a oficialidade do romanés entre a comunidade romanesa que vive no país eslavo.

Fonte: Radio Free Europe

A China prohibe o ensino do tibetano na provincia de Sichuan

Activistas tibetanos alertaron que o goberno chinés prohibiu o ensino da lingua tibetana nas escolas da provincia chinesa de Sichuan. Isto podería pór en risco a supervivencia da lingua en toda a rexión.

Fonte: Central Tibetan Administration

Créase a Universidade das Linguas Indíxenas de México

Un acto institucional marcou a inauguración da Universidade de Linguas Indíxenas de México (ULIM, polas súas siglas en español) que permitirá recoñecer os dereitos lingüísticos dos pobos orixinarios e das súas comunidades.

Fonte: Gobierno de México

Unha iniciativa permitirá o ensino do bretón nas escolas públicas do departamento francés de Finistère

O Departamento de Finistère, a Rexión da Bretaña francesa e os municipios locais financiarán un proxecto que permitirá introducir o ensino do bretón nas escolas primarias públicas de todo o departamento.

Fonte: Département du Finistère

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder