Mundo
Eslovenia mudará os requisitos lingüísticos para as solicitudes de reunificación familiar
O Goberno de Eslovenia incrementará os requisitos lingüísticos en lingua eslovena para os cónxuxes estranxeiros que queiran solicitar reunificación familiar.
Fonte: Schengen Visa
O municipio de Matosinhos abre un servizo de interpretación en lingua de signos
O municipio portugués de Matosinhos, na área metropolitana do Porto, ofrece un servizo gratuíto de interpretación en lingua de signos co obxectivo de garantir a integración social de todas as persoas xordas.
Fonte: CM Matosinhos
A incorporación de novas linguas estranxeiras acabará por desprazar o ensino do ruso en Estonia
Estímase que a medida aprobada no Goberno de Estonia, que obriga as escolas a ofreceren dúas ou máis linguas estranxeiras nos seus plans educativos, acabará por provocar unha redución na demanda de profesorado de ruso. O estudo desta lingua eslava xa se reduciu nalgúns centros de ensino estonianos este curso académico.
Fonte: ERR
A cantante brasileira Xenia França vence o Grammy Latino 2023 polo mellor álbum en lingua portuguesa
A artista baiana Xenia França gañou o Grammy Latino 2023 polo seu mellor álbum pop en lingua portuguesa. A gala de entrega de premios aconteceu na cidade española de Sevilla.
Fonte: G1 Globo
Unha lingüista da Universidade de Lisboa defende que o portugués debe ensinarse como lingua estranxeira en Guinea-Bissau
Unha lingüista da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa declarou que o ensino do portugués como lingua estranxeira no sistema educativo de Guinea-Bissau, e non como lingua de instrución, contribuiría a incentivar o desenvolvemento do país africano.
Fonte: Notícias ao Minuto
Redúcese o número de persoas que estudan linguas estranxeiras nos EUA

Desde 2009, o número de estudantes que cursa linguas estranxeiras nas universidades estadounidenses caeu drasticamente e isto podería pór en risco a seguranza nacional dos EUA.
Fonte: Ohio Capital Journal
Un estudo revela que o uso do inglés en Finlandia non pon en risco a lingua finesa
Un estudo elaborado pola Universidade de Finlandia Oriental revela que o uso xeneralizado do inglés en Finlandia non ameaza a posición do finés. Restrinxir o uso desta lingua podería danar a cooperación internacional e a integración de persoas estranxeiras no país nórdico.
Fonte: YLE
O programa de aulas de galés gratuítas a adolescentes e profesorado é un éxito

O Goberno do País de Gales informou de que o primeiro ano do programa de aulas gratuítas de galés para adolescentes e persoal de centros educativos tivo moi boa acollida e evidenciou que nunca antes fora tan fácil aprender a lingua vernácula.
Portugal celebra o seu Día Nacional da Lingua de Signos

Co obxectivo de promover o respecto dos dereitos das persoas xordas, Portugal celebra o seu Día Nacional da Lingua de Signos Portuguesa.
Fonte: Antena 1
Un banco británico suprime o servizo de atención telefónica en galés
O deputado do Plaid Cymru, Llyr Gruffydd, denunciou na Asemblea de Gales que o banco británico HSBC cancelou a liña de atención telefónica en galés deixando sen este servizo á comunidade de lingua galesa do País de Gales.
Fonte: Nation Cymru
Boletín
Subscríbase ao boletín