Mundo

A maioría das persoas kurdas que viven en Turquía quere que o kurdo sexa lingua oficial

Un estudo realizado en diversas localidades de Turquía revelou que unha importante porcentaxe (61 %) das persoas de orixe kurda quere que este idioma se converta en lingua oficial.

Fonte: Bianet

O Parlamento Europeo abre un concurso para contratar profesionais do ámbito das linguas

O Parlamento da Unión Europea anunciou a convocatoria dun concurso público para a contratación de profesionais do ámbito lingüístico que desexen traballar na Dirección Xeral de Tradución.

Fonte: Slator

Preséntase nos Azores o maior libro editado en lingua portuguesa

A cidade de Ponta Delgada, nos Azores, acolleu a presentación de Açorianidade no Tempo, o maior libro editado en lingua portuguesa. O libro reúne 150 títulos de 263 autores diferentes.

Fonte: Bom dia

O novo comisario da Lingua Gaélica velará por garantir máis dereitos aos seus falantes

O novo comisario da Lingua Gaélica da República de Irlanda, Séamas Ó Concheanainn, declarou que se farán importantes esforzos para garantir o acceso aos servizos públicos dos falantes de gaélico irlandés.

Fonte: The Irish Times

A cidade de Helsinqui contrata profesorado español de educación infantil para traballar en escolas de lingua sueca

A falta de persoal levou á cidade de Helsinqui a formar profesorado en España para traballar en escolas infantís de lingua sueca.

Fonte: YLE

A lingua portuguesa é o segundo idioma materno máis falado en Luxemburgo

Un informe do Instituto de Estatística e Estudos Económicos do Gran Ducado de Luxemburgo (Statec) publicou un informe que revela que o luxemburgués é a segunda lingua materna máis falada en Luxemburgo, seguida do luxemburgués.

Fonte: Contacto

Burkina Faso está estudando a supresión do francés como lingua oficial

Os diferentes desencontros entre Francia e Burkina Faso están propiciando que o país africano estea a incentivar a aprobación dun proxecto que avoga pola eliminación do francés como lingua oficial.

Fonte: La Opinión Austral

Unha iniciativa en lingua de signos promove a accesibilidade cultural das persoas xordas

Unha iniciativa entre o Museo do Fado de Alfama, Lisboa, e a empresa Access Lab, interpretará fados en lingua de signos para promover o acceso das persoas xordas á cultura.

Fonte: A Mensagem de Lisboa

O Consello de Europa alerta sobre a necesidade de promover as linguas minorizadas de Suíza na vida pública

O último informe do Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Comunitarias do Consello de Europea alerta que, a pesar dos avances, as autoridades dos diferentes cantóns deben facer máis por promocionar o uso de linguas como o italiano e o romanche na vida pública.

Fonte: Council of Europe

O Goberno de Andorra presenta unha nova campaña para o uso do catalán

O Goberno de Andorra acaba de presentar a campaña "M'ho pots dir a català" coa que pretende evitar que a cidadanía que fala catalán mude de lingua coas persoas que proceden doutros lugares.

Fonte: El Nacional

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder