Mundo
Unha iniciativa apoia o plurilingüismo en Xibraltar
O Ministerio de Cultura de Xibraltar apoia a Sociedade Plurilingüe de Xibraltar (GMS, polas súas siglas en inglés) que nace co obxectivo de promover os beneficios de falar varias linguas.
Fonte: The Olive Press
O kirundi convértese en lingua oficial de Burundi
A República de Burundi declarou a lingua kirundi como segundo idioma oficial do país. A partir de agora os actos públicos serán celebrados nesta lingua.
Fonte: The North Africa Post
A plataforma de contidos Netflix estrea a súa primeira serie en lingua galesa
O xigante dos contidos multimedia Netflix anunciou que en breve emitirá Dal y Mellt, a súa primeira serie en lingua galesa.
Fonte: BBC
Os confinamentos pola covid-19 poden ser os causantes da baixada de falantes de galés
Oficiais do Goberno do País de Gales revelaron que as restricións sociais pola crise sanitaria da covid-19 poden ser a causa da baixada de falantes de lingua galesa. Moitas persoas que asisten a escolas de inmersión en galés non puideron usar a lingua regularmente durante case dous anos, factor que afectou a confianza de moitas persoas para falaren a lingua en sociedade.
Fonte: BBC
Un acordo entre institucións garantirá a promoción do idioma guaraní en Paraguai
O Tribunal Superior de Xustiza Electoral (TSJE, polas súas siglas en español) e o Ateneo da Lingua e Cultura Guaraní asinaron un acordo de colaboración para garantir a educación superior e a divulgación do idioma guaraní.
Fonte: La Nación
A Universidade do Porto edita un libro de portugués como lingua non materna

A casa editorial da Universidade do Porto publicou o ensaio Português Língua Não Materna: Contextos, Estatutos e Práticas de Ensino numa Visão Crítica. A obra pretende ofrecer ás lectoras e lectores unha perspectiva actualizada do ensino do portugués en varios países.
Un pobo indíxena da área do Pantanal tenta salvar a súa lingua da extinción
Os guatós, unha etnia secular da rexión do Pantanal, no Brasil, tenta salvar a súa lingua da extinción. Aínda que só existe unha persoa que a fala con fluidez, a lingua guató agora forma parte do currículo da escola local.
Fonte: Terra
Corea do Norte adopta unha lei para protexer a súa lingua fronte a influencias estranxeiras
O parlamento de Corea do Norte aprobou unha nova lei para protexer o idioma do país de influencias estranxeiras ante a popularización entre a mocidade do país de expresións procedentes de medios de comunicación estadounidenses e surcoreanos.
Fonte: Página 12
O municipio de Lisboa seleccionará un escritor de lingua portuguesa para un intercambio literario con Mozambique
A Dirección Municipal de Cultura de Lisboa escollerá un autor ou autora de lingua portuguesa para realizar unha residencia literaria en Maputo, capital de Mozambique, dentro dun programa de intercambio literario promovido pola Cámara Municipal de Lisboa, o Camões e o Centro Cultural Portugués de Maputo.
Fonte: Sapo
Un escritor angolano recibe o premio literario Vergílio Ferreira 2023
O escritor angolano Ondjaki foi o vencedor do premio literario Vergílio Ferreira 2023 da Universidade de Évora grazas á súa contribución para que o portugués sexa lingua de reconciliación para todos os seus falantes.
Fonte: O Minho
Boletín
Subscríbase ao boletín