Mundo
Acusan o goberno de Narendra Modi de tentar impor o hindi como primeira lingua en toda a India
Cada vez máis voces acusan o Partido Popular indio e o primeiro ministro Narendra Modi de desenvolver unha política de imposición do hindi como primeira lingua de todo o país.
Fonte: The Guardian
A cidade de Xerusalén dedica un ciclo de cinema á figura de Saramago
A Cinemateca de Xerusalén organizará no mes de xaneiro un ciclo de cinema dedicado á figura do escritor portugués José Saramago coa proxección de filmes sobre a vida e obra do autor.
Fonte: Sapo
A Oficina Quebequesa da Lingua Francesa advirte que algúns municipios poderían perder o seu status bilingüe
O organismo de defensa do francés no Quebec, a Oficina Quebequesa da Lingua Francesa, advertiu que 47 distritos e cidades de todo o Quebec poderían perder o seu status bilingüe se as institucións non toman medidas para garantir a promoción das dúas linguas oficiais.
Fonte: Montreal Gazette
A supervivencia da lingua mapuche está ameazada en Chile
O número de falantes de lingua mapuche en Chile está caendo notablemente nos últimos anos debido a unha falta de políticas de preservación e promoción por parte das institucións.
Fonte: La Razón
Publican a segunda edición do dicionario occitano Josiana Ubaud
Acábase de publicar a segunda edición, corrixida e aumentada, do dicionario ortográfico, gramatical e morfolóxico de lingua occitana de Josiana Ubaud, cunhas 119 000 entradas.
Fonte: Jornalet
O dicionario Cambridge modifica as definicións de "home" e "muller" para incluír as persoas transxénero
O dicionario Cambridge da lingua inglesa modificou as entradas de "man" (home) e "woman" (muller) para incluír as persoas transxénero.
Fonte: CNN
O termo "portuñol" entra no dicionario da RAE
O termo de base portuguesa "portuñol" é unha das 280 palabras que pasan a pertencer ao Dicionario da Real Academia Española.
Fonte: Observador
Un filme en gaélico entra na lista de seleccionados para os Óscar
A longametraxe An Cailín Ciúin, gravada en gaélico irlandés, entra na lista de filmes seleccionados para os premios Óscar de Hollywood.
Fonte: Breaking News
Unha universidade arxentina impartirá unha diplomatura de lingua mapuche
A partir do próximo semestre, a Universidade Nacional de Comahue impartirá a diplomatura Kimeltuwe co fin de formar persoas en lingua e cultura mapuches.
Fonte: Río Negro
O gaélico irlandés recibe o estatuto de lingua oficial en Irlanda do Norte
O gaélico irlandés é considerado agora lingua oficial en Irlanda do Norte despois de que a lei sobre lingua e identidade fose aprobada de xeito oficial neste territorio do Reino Unido.
Fonte: Nationalia
Boletín
Subscríbase ao boletín