Mundo

Portugal celebra o seu Día Nacional da Lingua de Signos

Portugal conmemora o Día Nacional da Lingua de Signos Portuguesa (LGP, polas súas siglas en portugués) co fin de promover e respectar os dereitos das persoas xordas. Segundo a Asociación Portuguesa de Persoas Xordas, en Portugal hai 30 000 persoas que utilizan a lingua de signos.

 Fonte: ComUM

A CPLP quere unha maior uniformidade do ensino da lingua portuguesa na educación primaria

Os diferentes estados que integran a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) queren que exista unha maior uniformidade do ensino da lingua portuguesa na educación primaria.

Fonte: RNA

A proporción de falantes de galés cae a mínimos históricos

Os datos do último censo realizado en 2021 no País de Gales revelaron unha alarmante caída de falantes de galés até o mínimo histórico de 17,8 % da poboación residente, un 1,2 % menos que no censo realizado hai unha década.

Fonte: The Guardian

A UNESCO celebra o Decenio Internacional das Linguas Indíxenas

A UNESCO celebrará na segunda semana de decembro o Decenio Internacional das Linguas Indíxenas (2022-2032) e presentará un plan de acción para concienciar sobre a perda dramática das linguas nativas e a urxente necesidade de preservalas, revitalizalas e celebralas.

Fonte: UNESCO

Danse a coñecer en Mozambique os gañadores do Premio Oceanos 2022 de literatura en lingua portuguesa

A escritora portuguesa Alexandra Lucas Coelho, o autor mozambicano João Paulo Borges Coelho e a escritora brasileira Micheliny Verunschk foron os galardoados co Premio Oceanos 2022 de literatura en lingua portuguesa.

Fonte: Diário do Nordeste

Porto Editora presenta a lista de palabras que optan a se converter na mellor do ano en Portugal e Angola

Comezou a votación para escoller a palabra do ano 2022 en Portugal e Angola. A lista de dez palabras foi elaborada pola editorial Porto Editora.

Fonte: Diário de Notícias

As persoas refuxiadas afincadas en Letonia deberán saber letón para poder entrar no mercado de traballo

A partir de xaneiro de 2024, as persoas refuxiadas procedentes de Ucraína que estean afincadas en Letonia estarán obrigadas a facer un curso de letón para poder optar a un traballo.

Fonte: Baltic News Network

O Goberno do Reino Unido aproba unha nova partida orzamentaria para a promoción da lingua córnica

O Goberno do Reino Unido aprobou un acordo de descentralización de 360 millóns de libras para Cornualles que inclúe unha nova partida orzamentaria para a promoción da lingua córnica.

Fonte: Nation Cymru

O Goberno de Gales estende o ensino da lingua galesa a todos os profesionais que traballen no ámbito educativo

O ministro de Educación e da Lingua Galesa do País de Gales, Jeremy Miles, anunciou cursos de lingua galesa gratuítos a todo o persoal que traballe nas escolas e institutos. 

Fonte: Llywodraeth Cymru - Welsh Language

Por primeira vez no Reino Unido promociónase unha longametraxe en córnico

A longametraxe de terror Enys Men, do director Mark Jenkin, converteuse no primeiro filme en Cornualles que se promociona tanto en inglés como en lingua córnica. 

Fonte: The Guardian

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder