Mundo

O Brasil consegue subir na clasificación mundial que mide o dominio da lingua inglesa

Pola primeira vez en once anos, o Brasil conseguiu acadar a posición 58 no dominio da lingua inglesa segundo o estudo realizado pola empresa Education First (EF) a nivel mundial. 

Fonte: Exame 55

O catalán volve ser a primeira lingua materna de Andorra

A enquisa de Coñecementos e usos lingüísticos de Andorra revela que o catalán é de novo a primeira lingua materna da poboación andorrana maior de 14 anos, despois de décadas de liderado do castelán.

Fonte: Nationalia

Francia quere introducir unha proba de lingua obrigatoria para aquelas persoas que queiran optar a un permiso de residencia

O Ministerio do Interior de Francia confirmou que vai introducir a realización dunha proba de lingua obrigatoria para as persoas que queiran solicitar un permiso de residencia de varios anos.

Fonte: The Connexion

Un estudo revela que as linguas e os xenes non sempre evolucionaron xuntos

Un equipo interdisciplinario da Universidade de Zürich e o Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva de Leipzig revelou nun estudo que as linguas e os xenes non sempre evolucionaron en paralelo e isto pode axudar a desvelar información relevante sobre a historia da evolución humana.

Fonte: Arkeonews

O Goberno da República de Irlanda establece unha cota obrigatoria en gaélico para a publicidade

Representantes da industria da publicidade na República de Irlanda mostraron o seu desacordo ante a fixación dunha porcentaxe mínima de produtos publicitarios en lingua gaélica. A partir de agora un 20% de todos os anuncios procedentes de entes públicos deben estar en gaélico.

Fonte: Independent.ie 

O persoal do principal organismo responsable da educación en Irlanda do Norte poderá recibir formación en gaélico

O persoal que traballe na Autoridade Educativa, principal organismo responsable da educación de Irlanda do Norte, poderá ter acceso a formación gratuíta en gaélico irlandés e escocés do Úlster.

Fonte: BBC

O Parlamento de Portugal aproba unha proposta para a promoción e protección da lingua mirandesa

A Comisión de Orzamentos e Finanzas do Parlamento de Portugal aprobou unha iniciativa do partido Livre para garantir a promoción e protección da lingua mirandesa.

Fonte: Correio da Manhã

Letonia prohibirá o ensino da lingua rusa nas escolas

Co obxectivo de priorizar o ensino doutras linguas oficiais da Unión Europea, o Ministerio de Educación de Letonia decidiu vetar a instrución da lingua rusa como segundo idioma estranxeiro en todos os centros educativos.

Fonte: The Baltic Times

Publican un dicionario bilingüe dunha lingua indíxena brasileira

Publícase o dicionario bilingüe kaiowá-portugués despois de 30 anos de traballos entre os pobos indíxenas guaraní-kaiowá do estado brasileiro de Mato Groso.

Fonte: Primeira Página 

O Goberno de Gales apoiará o cinema en lingua galesa cunha nova partida orzamentaria

O Goberno de Gales anunciou que destinará unha partida orzamentaria de 180 000 libras esterlinas ao desenvolvemento do cinema rodado en lingua galesa.

Fonte: Nation Cymru

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder