Mundo

O Brasil celebra o Día Nacional da Lingua Portuguesa

Como cada 5 de novembro desde 2006, o Brasil celebra o seu Día Nacional da Lingua Portuguesa.

Fonte: Rádio Senado

Un total de 274 linguas indíxenas son faladas no Brasil

Os datos do último Censo Demográfico realizado polo Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística revelan que no Brasil se falan 274 linguas indíxenas de 305 etnias diferentes.

Fonte: Gov.br

O Goberno da Rexión de Ultramar de Reunión poderá empregar a lingua crioula en comunicacións oficiais

O Goberno da Rexión de Ultramar de Reunión (Francia) aprobou o estatuto que permitirá que os órganos administrativos desta illa do océano Índico inclúan a lingua insular, o crioulo, nas súas comunicacións oficiais.

Fonte: Nationalia

O Goberno de Gales fortalece a lingua galesa en Anglesey

O Goberno do País de Gales destinará unha partida orzamentaria de 250 000 libras á salvagarda e promoción da lingua galesa na illa de Anglesey. 

Fonte: Wales 247

A lingua córnica celebra os 20 anos do seu recoñecemento

Varios actos protagonizados por alumnado de primaria de diferentes escolas de Cornualles servirán para marcar o 20 aniversario do recoñecemento oficial do córnico polo Goberno do Reino Unido en conformidade coa Carta Europea das Linguas Rexionais e Comunitarias.

Fonte: Cornwall Council

A Unesco celebra a importancia da lingua árabe no mundo

A Unesco celebrou a importancia que a lingua árabe ten no mundo como fonte de cultura, ciencia e coñecemento por medio da conferencia "Arabic language, beyond the legacy" que tivo lugar en Rabat.

Fonte: UNESCO

O Centro de Linguas da Universidade do Miño oferta cursos de doce linguas

O Centro de Linguas da Universidade do Miño (BabeliUM) ofrece este semestre cursos nun total de 12 linguas nas modalidades presencial e virtual. A lingua galega está entre os idiomas de cursos ofertados.

Fonte: Diário do Minho

 

Islandia priorizará o uso da lingua islandesa nos aeroportos

A empresa xestora dos aeroportos de Islandia accedeu a priorizar o uso do islandés tanto nos sinais escritos como na megafonía de todos os aeroportos do país nórdico. O inglés pasará a ter un uso secundario.

Fonte: Iceland Monitor

A Universidade de Macau podería converterse no epicentro do ensino do portugués en Asia

O novo director do departamento de lingua portuguesa da Universidade de Macau defendeu o potencial que ten a institución para se converter no principal referente do ensino do portugués no continente asiático.

Fonte: RTP

As universidades francófonas de Ontario crearán unha plataforma de colaboración conxunta

As universidades francófonas da provincia canadense de Ontario uniranse para constituír unha plataforma que fomente a colaboración entre elas e vele polos seus intereses.

Fonte: University Affairs

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder