Mundo
As obras do Museo da Lingua Portuguesa de Bragança están atrasadas
O presidente da Cámara Municipal de Bragança, Hernâni Dias, recoñeceu que as obras do Museo da Lingua Portuguesa nesta localidade están paradas desde o pasado mes de marzo á espera de que se resolva o novo concurso público.
Fonte: Mensageiro de Bragança
O Congreso dos EUA divulgará audios en lingua mapuche
Con motivo do Mes Nacional da Herdanza Hispana, a Biblioteca do Congreso dos EUA divulgará gravacións de poetas e escritores en lingua mapuche.
Fonte: Prensa Latina
O ensaísta Silviano Santiago vence o Premio Camões 2022

Con máis de 30 libros publicados, Silviano Santiago, ensaísta, tradutor, crítico literario brasileiro de 86 anos, gañou a 34ª edición do Premio Camões, o máis prestixioso da literatura portuguesa.
Fonte: GZH
A Mesa pola Normalización Lingüística critica en Frankfurt o incumprimento da lexislación que ampara a lingua galega
Con motivo da Feira do Libro de Frankfurt, a Mesa pola Normalización Lingüística participou no evento cultural Beyond Spain en que criticou o "incumprimento sistemático" da escasa lexislación que ampara a lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
O Parlamento Europeo podería permitir o uso do galego, catalán e éuscaro nos plenos

O Parlamento da Unión Europea está a estudar a posibilidade de que o galego, o catalán e o éuscaro poidan ser empregados como linguas de uso no hemiciclo despois de que o Goberno de España enviase unha carta a Estrasburgo para solicitalo.
Fonte: Galicia Confidencial
Presentan un novo tradutor automático occitano-francés-occitano
O Congreso Permanente da Lingua Occitana, organismo interrexional encargado da regulación deste idioma, presentou 'Revirada', un novo tradutor automático occitano-francés e francés-occitano.
Fonte: Jornalet
Piden a abolición da lingua rusa en Ucraína
O xefe da Seguranza Nacional de Ucraína, Aleksei Danilov, pensa que a lingua rusa representa actualmente unha ameaza para o país e avoga pola súa prohibición total.
Fonte: Brasil 247
Anuncian o nomeamento dunha nova comisaria da Lingua Galesa no País de Gales
O primeiro ministro do País de Gales, Mark Drakeford, anunciou o nomeamento de Efa Gruffudd Jones como a nova comisaria da Lingua Galesa. Efa dirixe actualmente o Centro Nacional para a Aprendizaxe do Galés e asumirá o cargo en xaneiro de 2023.
O Goberno de Estonia subvencionará a promoción do estoniano na educación
O Goberno de Estonia aprobou xenerosos incentivos para profesorado e outro persoal educativo que axuden a materializar o estoniano como principal lingua vehicular en todos os niveis educativos.
Fonte: ERR
O chinés gaña popularidade en Afganistán
O estudo da lingua chinesa está medrando en popularidade en Afganistán xa que o seu único Instituto Confucio, situado na capital Cabul, está a recibir cada vez máis persoas interesadas en aprender este idioma.
Fonte: Xinhua
Boletín
Subscríbase ao boletín