Mundo

O municipio da cidade de Wellington lanza unha aplicación para aprender maorí

O municipio de Wellington, capital de Nova Zelandia, lanzou, en colaboración con dúas organizacións, a aplicación Mahau, unha ferramenta móbil para aprender a lingua maorí.

Fonte: OpenGovAsia

Constátase un crecente número de persoas mozas que entenden a lingua portuguesa en Timor Leste

Un grupo de persoas expertas participantes nas VII Xornadas Pedagóxicas da Universidade Nacional Timor Lorosa`e constataron que nunca antes na historia de Timor Leste houbera un número tan alto de persoas mozas que poidan entender a lingua portuguesa. 

Fonte: RTP Notícias

Unha universidade inglesa retransmitirá un programa de radio en galés

A estación de radio Burst Radio da Universidade de Bristol, Inglaterra, comezará a retransmitir un programa de dúas horas en lingua galesa.

Fonte: Nation Cymru

Un estudo da Universidade de Coímbra revela que as persoas bilingües toman decisións diferentes

Unha investigadora da Universidade de Coímbra realizou un estudo que revela que as persoas que falan dúas linguas toman decisións diferentes respecto a quen só fala unha.

Fonte: Público

O Goberno de Gales investirá na economía das comunidades de fala galesa

O Goberno do País de Gales investirá 11 millóns de euros no fortalecemento económico das comunidades onde existe maior porcentaxe de falantes de galés.

Fonte: Llywodraeth Cymru / Welsh Government

A asociación Foras na Gaeilge presenta unha iniciativa de parellas lingüísticas en gaélico

A asociación a prol da lingua irlandesa Foras na Gaeilge e a canle de televisión RTÉ presentaron a iniciativa Creidim Ionat que anima a crear parellas lingüísticas formadas por persoas que queiran aprender ou mellorar os seus coñecementos orais de gaélico e falantes fluídos desta lingua. 

Fonte: RTÉ

Nova Gales do Sur aproba a introdución das linguas aborixes nas escolas

O estado australiano de Nova Gales do Sur anunciou a aprobación do currículo en linguas aborixes que permitirá a introdución do ensino destes idiomas nas escolas a partir de 2024.

Fonte: The Sydney Morning Herald

Exipto pídelle ao Museo Británico que devolva a pedra Rosetta

Un grupo de arqueólogos e arqueólogas de Exipto iniciou unha petición formal para repatriar a famosa pedra Rosetta, un fragmento de estela que permitiu descifrar a antiga escritura xeroglífica hai agora dous séculos e que se encontra actualmente no Museo Británico en Londres.

Fonte: NPR

A Semana da Lingua Italiana no Mundo estará dedicada ás persoas mozas

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia anunciou que a 22ª Semana da Lingua Italiana no Mundo estará dedicada este ano ás persoas mozas. A iniciativa incluirá eventos que se levarán a cabo coa colaboración dos Institutos Italianos de Cultura en diferentes partes do mundo.

Fonte: Ministero degli Affari Esteri e della Cooperazione Internazionale

O Ministerio de Educación do Perú reforza o ensino intercultural bilingüe

O Ministerio de Educación do Perú quere elaborar estratexias que fomenten e reforcen un sistema intercultural bilingüe a través do ensino e o respecto á lingua materna de cada rexión.

Fonte: Infobae

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder