Mundo
Cabo Verde acolle a décima edición do Encontro de Escritores de Lingua Portuguesa
A cidade de Praia, capital de Cabo Verde, será o lugar escollido para celebrar a décima edición do Encontro de Escritores de Lingua Portuguesa. O evento ten como tema “Insularidade e Universalidade na Literatura”.
Fonte: Diplomacia Business
Increméntase o estudo das linguas indíxenas nas escolas públicas de Oklahoma
O Consello Consultivo sobre Educación do estado de Oklahoma (EUA) revela que se incrementou o número de alumnas e alumnos que estudan unha lingua indíxena nas escolas públicas.
Fonte: Tulsa World
Taiwán presenta a súa primeira canle de noticias en inglés
O Goberno de Taiwán apoia a creación de TaiwanPlus, a primeira canle de noticias en lingua inglesa co fin de garantir a proxección internacional deste territorio insular.
Fonte: REUTERS
O Goberno da República de Irlanda abre un novo centro de lingua gaélica
O ministro de Gaeltacht e Deporte da República de Irlanda abrirá oficialmente un novo centro de lingua gaélica na localidade de Knocknacarra, ao leste da cidade de Galway.
Fonte: Galway Bay
Unha cidade brasileira de Río Grande do Sur recoñece a lingua polaca como cooficial
A cidade de Áurea, no estado brasileiro de Río Grande do Sur, recoñeceu o polaco como lingua oficial xunto ao portugués.
Fonte: Folha de São Paulo
Algunhas voces da escena política e social de Gales pídenlle ao príncipe William que aprenda galés
Diversas voces do mundo social e político de Gales demandaron expresamente que o novo príncipe William de Gales aprenda a lingua galesa.
Fonte: The Guardian
O número de escolas de inmersión en gaélico duplicouse en Irlanda do Norte
Segundo estudos realizados por activistas lingüísticos, o número de escolas de ensino secundario duplicouse nos últimos anos en Irlanda do Norte.
Fonte: Language Magazine
O Goberno de Irlanda aproba a creación dunha nova canle de televisión infantil en gaélico

A ministra de Cultura, Arte, Gaeltacht, Deportes e Medios de Comunicación, Catherine Martin, anunciou que dará luz verde á creación dunha nova canle de televisión infantil en lingua gaélica.
Fonte: Gov.ie
O Ministerio de Cultura do Perú lanza un proceso de documentación para salvar unha lingua amazónica da extinción
Tres persoas anciás dunha aldea ancestral da Amazonia peruana participarán nun proceso de documentación lingüística organizado polo Ministerio de Cultura do Perú para salvar a lingua indíxena omagua.
Fonte: Swissinfo
O Consello de Europa ditamina nun informe que Suíza debe dar máis apoio ás linguas minorizadas
O Comité de Persoas Expertas da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias ditaminou no seu último informe que Suíza debe apoiar máis o francés e o alemán nos cantóns onde non sexan oficiais e promocionar o italiano e o romanche na vida económica e social.
Fonte: Council of Europe
Boletín
Subscríbase ao boletín