Mundo
A diáspora tibetana loita por salvar a súa lingua
A comunidade tibetana que vive no exterior da China, principalmente na India, está a loitar por manter vivo o tibetano ante a opresión que o pobo tibetano está a sufrir dentro do seu territorio.
Fonte: Foreign Policy
Un estudo revela que a maior parte do profesorado de inglés do Brasil non posúe a formación adecuada
Un estudo elaborado polo British Council revelou que a baixa formación do profesorado de lingua inglesa dos centros de ensino brasileiros está a afectar negativamente no ensino bilingüe do Brasil.
Fonte: Terra
O despoboamento ameaza a supervivencia da lingua mirandesa
O Movemento Cultural da Terra de Miranda (MCTM, polas súas siglas en portugués) alertou que o acelerado despoboamento das localidades do territorio trasmontano de Miranda do Douro podería provocar a extinción da lingua mirandesa.
Fonte: JM
Europa celebra o Día Europeo das Linguas

Como cada 26 de setembro desde 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa impulsada polo Consello de Europa co obxectivo de dar a coñecer a diversidade lingüística do continente, impulsar entre a poboación a aprendizaxe de idiomas e valorar a diversidade cultural de Europa.
Fonte: European Day of Languages
O empeoramento das relacións entre a China e o Reino Unido podería impactar no ensino da lingua chinesa nas escolas británicas
O recente empeoramento das relacións entre o Reino Unido e a China podería obrigar a substituír o profesorado das escolas de lingua chinesa do Reino Unido por profesionais procedentes de Taiwán.
Fonte: The Guardian
Unha aplicación móbil permite a aprendizaxe de linguas europeas minorizadas como o galego

A aplicación para móbiles IndyLan permite a aprendizaxe de linguas europeas minorizadas. Entre elas, ademais do galego, atopamos o éuscaro, o gaélico e o saami.
Fonte: Travel Tomorrow
A Comunidade Médica da Lingua Portuguesa crea o seu premio literario
A Comunidade Médica de Lingua Portuguesa (CMLP, polas súas siglas en portugués) lanzou na Embaixada de Portugal no Brasil o seu premio literario co fin de promover a interacción entre os profesionais médicos de todos os países lusófonos.
Fonte: Diplomacia Business
Cabo Verde introduce o ensino da lingua caboverdiana na escola
Cabo Verde introduce neste novo ano lectivo o ensino da lingua caboverdiana no currículo das escolas. A materia será opcional para o alumnado do décimo ano.
Fonte: RFI
A música axuda a preservar as linguas nativas da India
Linguas nativas en perigo de extinción da India, como o chokri e o kokborok, apóianse na música para subsistir. Grupos musicais escollen estas linguas para as súas cancións e isto favorece a súa difusión e promoción.
Fonte: Arab News
No que vai de século desapareceron 25 linguas indíxenas na Amazonia brasileira
A Amazonia brasileira viu desaparecer no que vai de século XXI un total de 25 linguas indíxenas. A irrupción da televisión e o contacto coa poboación branca seguen sendo dúas claras ameazas para estas linguas.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín