Mundo
As persoas xordas que participen en xurados xudiciais de Inglaterra e Gales poderán agora recibir interpretación en lingua de signos
A partir de agora, as persoas xordas que constitúan un xurado xudicial en Gales e Inglaterra poderán recibir a axuda de intérpretes en lingua de signos.
Fonte: Gov.uk
Denuncian o uso do catalán nun municipio do departamento dos Pireneos Orientais
O delegado do Goberno do departamento francés dos Pireneos Orientais recorrerá perante o tribunal administrativo o uso do catalán nos plenos do Concello de Elna, primeiro municipio de Francia que autorizou os seus concelleiros a se expresaren en lingua catalá.
Fonte: El Confidencial
O xefe de Goberno de Andorra usa o catalán na súa intervención na ONU
O xefe de Goberno de Andorra, Xavier Espot, interveu en lingua catalá na Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU).
Fonte: El Nacional
A Federación Portuguesa de Fútbol difunde un vídeo do himno portugués interpretado en lingua de signos
A Federación Portuguesa de Fútbol difundiu un vídeo do himno nacional de Portugal interpretado en lingua de signos portuguesa por un grupo de xogadoras e xogadores das seleccións feminina e masculina de Portugal.
Fonte: Diário de Notícias
Un estudo revela que a expansión dos dialectos do sur de Inglaterra é menor do que se pensaba nun primeiro momento
Un estudo realizado por investigadores e investigadoras de dúas universidades inglesas (York e Lancaster) e unha dos EUA (Nova York) revelou que a expansión dos dialectos do sur de Inglaterra por outras zonas non é tan rápida do que se adoitaba pensar porque os dialectos do inglés falados no norte tamén experimentaron unha certa difusión.
Fonte: The Guardian
Un programa de televisión de S4C promoverá a aprendizaxe do galés entre as persoas que queiran mudarse ao País de Gales
Symud i Gymru, un novo programa da canle de televisión en lingua galesa S4C, analizará o problema da vivenda nas comunidades de fala galesa e animará as persoas que queiran instalarse nesas zonas a que se integren na cultura galesa e aprendan a lingua vernácula.
Fonte: Nation Cymru
O letón convértese na única lingua oficial de Letonia
O Parlamento de Letonia aprobou unha lei que converte o letón na única lingua oficial do país báltico.
Fonte: Baltic News Network
Un proxecto musical en crioulo de Cabo Verde conmemora o Día Europeo das Linguas en Portugal
Un proxecto musical en crioulo de Cabo Verde e un encontro europeo en Coímbra servirán para celebrar en Portugal o Día Europeo das Linguas.
As Nacións Unidas celebran o Día Internacional das Linguas de Signos

O 23 de setembro celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Linguas de Signos, conmemorado polas Nacións Unidas para promover a identidade lingüística e diversidade cultural das persoas xordas.
Fonte: Nações Unidas
O municipio de Belfast recibe un gran número de peticións de sinais bilingües
O municipio da capital norteirlandesa de Belfast recibiu un gran número de peticións para que se implanten sinais bilingües nas rúas da cidade.
Fonte: Belfast Live
Boletín
Subscríbase ao boletín