Mundo

EUA e España reforzan os seus acordos para a promoción da aprendizaxe multilingüe e multicultural

O Departamento de Educación dos Estados Unidos de América (EUA) e o Ministerio de Educación de España renovaron os seus acordos para promover programas educativos de intercambio multilingüe e multicultural entre os dous países.

Fonte: Language Magazine

Cada vez menos alumnado valón escolle aprender neerlandés como segunda lingua obrigatoria

O Departamento de Educación da rexión neerlandesa de Valonia revelou que cada vez menos alumnado de secundaria escolle o neerlandés como segunda lingua en beneficio do inglés.

Fonte: The Brussels Times

Catro mulleres traducen fragmentos da Constitución de Chile a linguas nativas

O labor de catro mulleres permitiu que algúns fragmentos da Constitución de Chile fosen traducidos a catro linguas indíxenas: rapa nui, mapuzungun, aimará e quechua.

Fonte: Interferencia

O Goberno do País de Gales anuncia novas medidas para protexer as comunidades lingüísticas

O ministro de Educación e Lingua Galesa do País de Gales anunciou novas medidas e accións para protexer as comunidades onde o galés é a lingua principal de comunicación e onde hai un número importante de segundas residencias.

Fonte: Llywodraeth Cymru - Welsh Government

Un proxecto aposta pola integración das persoas refuxiadas coa publicación dunha guía en seis linguas

Un proxecto europeo no que participan centros universitarios de Europa lanzou unha guía en seis linguas (portugués, inglés, español, francés, italiano e alemán) para promover a inclusión lingüística de persoas refuxiadas.

Fonte: CNN Portugal

O ruso podería converterse na terceira lingua oficial da República Centroafricana

A Constitución de 2016 establece que as linguas oficiais da República Centroafricana son o francés e o sango. Porén, a revisión constitucional proposta polo xefe de estado sumaría o ruso como terceiro idioma oficial.  

Fonte: CNC

Vietnam elixe o 8 de setembro para celebrar anualmente o Día do Idioma Vietnamita

O viceprimeiro ministro permanente de Vietnam, Pham Binh Minh, escolleu o 8 de setembro para celebrar cada ano o Día do Idioma Vietnamita para honrar esta lingua na comunidade vietnamita que vive no estranxeiro.

Fonte: Vietnam+

O Identidades Festival dedica a programación deste ano á revitalización das linguas indíxenas chilenas

Identidades-Festival Internacional de Artes Escénicas no Deserto de Atacama chega á súa VIII edición que se celebrará en Antofagasta e San Pedro de Atacama entre o 1 e o 8 de outubro e que se centrará na promoción de linguas indíxenas como o ckunsa, o quechua, o rapanui, o mapudungun ou o inuit.

Fonte: Gobierno de Chile

O Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa abre o prazo para a inscrición de filmes

O FESTIn – Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa chega á súa 13ª edición á que se poderán presentar longametraxes de animación ou ficción, documentais e curtametraxes que deben estar obrigatoriamente en portugués.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Austria acolle un curso luso-austríaco para afondar nos coñecementos sobre a lingua e a cultura de ambos os países

O Curso de Verão Luso-Austríaco, que se celebra desde 2001, durou dúas semanas durante as que dez estudantes austríacos e dez estudantes portugueses afondaron nos seus coñecementos sobre a lingua, a historia e a cultura de ambos os países.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder