Mundo

Un proxecto aposta pola publicación dun dicionario de inglés afroamericano

Un proxecto de colaboración entre a Universidade de Harvard e a editora Oxford University Press permitirá que saia á luz o Dicionario Oxford do Inglés Afroamericano, o primeiro que aposta por esta variedade da lingua inglesa.

Fonte: NPR 

Unha enquisa realizada en Belfast revela que hai un amplo apoio da nova política bilingüe para os nomes das rúas

Unha enquisa realizada no municipio norteirlandés de Belfast mostrou que hai suficiente apoio para aplicar a política bilingüe inglés-gaélico para os nomes das rúas. Coa nova política, só é preciso que un 15% das persoas residentes nunha zona estean a favor da dualidade de nome para que este se aprobe oficialmente.

Fonte: Belfast Live

A música en galego de Baiuca fai vibrar miles de persoas nun festival en Alemaña

Un dúo de dj holandeses con máis de 900 000 seguidores nas redes versionaron a canción 'Morriña' de Baiuca no Parookaville, un dos festivais de electrónica máis importantes de Europa.

Fonte: Galicia Confidencial

Unha investigación aborda a difícil convivencia do francés e do neerlandés en Bélxica

O catedrático da USC e investigador do Instituto de Materiais (iMATUS), Jorge Mira, e o científico Luís F. Seoane do Centro Nacional de Biotecnoloxía do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), analizaron nun artigo de investigación publicado na revista The European Physical Journal Plus, como se foi producindo a evolución lingüística en Bélxica.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Carlos Zubillaga reivindica a recuperación da memoria da emigración galega en Uruguai

O Padroado da Cultura Galega de Montevideo celebrou o Día Nacional de Galicia cunha conferencia de Carlos Zubillaga sobre a presenza galega en Uruguai e a inauguración dunha mostra bibliográfica dos seus traballos sobre este tema.

Fonte: Real Academia Galega

A escritora Ffion Dafis gaña o premio ao mellor libro en galés de 2022 do País de Gales

A presentadora, actriz e escritora galesa Ffion Dafis gañou o premio ao mellor libro en galés de 2022 do País de Gales pola súa novela Mori.

Fonte: Nation Cymru

Xa se pode consultar a Constitución Política de Colombia en linguas indíxenas

A Constitución Política de Colombia, traducida ás linguas indíxenas guambiana, ikun, kamentsa, inga, kubeo, wayuunaiki e nasa yuwe, pode consultarse desde agora na plataforma SUIN-Juriscol, ferramenta dixital do Ministerio de Xustiza e de Dereito.

Fonte: Diario Jurídico

O Goberno de Alemaña propón que o inglés se converta en lingua oficial do sector público

O Partido Democrático Liberal de Alemaña (FDP, polas súas siglas en alemán) defendeu unha proposta formal no Goberno da República Federal Alemá para que o inglés se converta en lingua oficial do sector público.

Fonte: Euro Weekly News

A autoridade unitaria de Gwynedd recibirá apoio para fortalecer o ensino en lingua galesa

A autoridade unitaria de Gwynedd, no norte do País de Gales, recibirá unha partida orzamentaria de case 3 millóns de libras para fortalecer o ensino de inmersion en galés.

Fonte: North Wales Live

Ofrecen unha axuda a estudantes que queiran traballar como profesores de occitano

A Oficina Pública da Lingua Occitana (ÒPLO, polas súas siglas en occtiano) ofrece unha bolsa a estudantes que queiran converterse en profesores de occitano en escolas bilingües francés-occitano.

Fonte: Jornalet 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder