Mundo

A Universidade Real de Phnom Penh de Camboxa contará cun departamento de lingua vietnamita

O Departamento de Idioma Vietnamita será o primeiro deste tipo co que contará a Universidade Real de Phnom Penh (RUPP), o que resultará beneficioso para os estudantes camboxanos e contribuirá a estreitar relacións con Vietnam.  

Fonte: Vietnam +

A Universidade de Daca impulsa o ensino do portugués en Bangladesh

Bangladesh súmase así aos máis de 70 países onde o Instituto Camões promove o ensino do portugués ao abeiro dun protocolo de colaboración asinado coa Universidade de Daca, o primeiro cunha institución dese país.  

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

A aplicación IndyLan para aprender linguas europeas minoritarias deixa de recibir financiamento

A aplicación IndyLan naceu da man dunha universidade británica para dar a coñecer as linguas europeas minoritarias e a súa cultura. Agora ve o seu fin porque vai deixar de recibir financiamento do Programa Erasmus+ que a mantiña activa.

Fonte: Neofalantes

Celébrase en Paraguai o Día do Idioma Guaraní

Como cada ano o 25 de agosto celébrase o Día do Idioma Guaraní para conmemorar o recoñecemento deste como lingua oficial de Paraguai como se recolle na Constitución deste país.

Fonte: ABC

O Goberno de Letonia restrinxirá o emprego do ruso no ámbito laboral

O Goberno de Letonia quere aprobar unha lei para restrinxir o uso do ruso nos sectores público e privado, así como no comercio co obxectivo de aplicar os resultados do referendo de 2012 sobre o emprego desta lingua.  

Fonte: SwissInfo

Segundo un novo censo, a diversidade lingüística aumenta en Canadá

Segundo se desprende das últimas cifras do censo de Statistics Canada, incrementouse no país o número de persoas que teñen unha lingua diferente do francés ou o inglés. Malia que estes continúan a ser os idiomas máis comúns entre a poboación, no caso do francés diminuíu a cifra de falantes.   

Fonte: Noticias del Mundo

LinkedIn xa está dispoñible en ucraíno

Ata agora os usurarios de LinkedIn de Ucraína empregaban esta rede social profesional en ruso, idioma falado por unha ampla porcentaxe da poboación. Porén, acábase de anunciar que xa está dispoñible a versión en ucraíno.

Fonte: TreceBits

Preséntase unha gramática da lingua quechua

O docente Equicio Rufino Paxi Coaquira presentou a Gramática del idioma quechua, un volume que contén reflexións sobre a estrutura desta lingua a nivel fonético, fonolóxico, morfolóxico, sintáctico e léxico.

Fonte: Onda Azul

Organizan un curso de capacitación para o ensino da lingua vietnamita no estranxeiro

Esta actividade formativa para o ensino do idioma vietnamita, celebrada en Hanoi, está destinada a mestres do país indochinés en ultramar e nela participaron persoas procedentes de nove países do mundo.

Fonte: Vietnam +

A proposta de nova Constitución para Chile recoñece a diversidade lingüística do país

Mentres que a Constitución de 1980 non fai referencia ningunha á diversidade lingüística de Chile, a nova, se ben non recolle toda a complexidade sociolingüística do país, recoñece esta diversidade e establece unha serie de normativas lingüísticas e deberes do Estado nesta materia.  

Fonte: Diario Uchile

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder