Mundo
O grupo brasileiro Bala Desejo gaña o premio ao mellor álbum de pop en portugués na cerimonia dos Grammy Latinos
O grupo de música brasileiro Bala Desejo venceu o premio de mellor álbum de pop en portugués na cerimonia dos Grammy Latinos co seu disco Sim, sim, sim.
Fonte: Ricmais
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo propón tres novas iniciativas
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo presenta tres novas iniciativas: o proxecto "Olhares: vídeo-visitas" que convida persoas de diferente índole a visitaren a exposición principal do museo, o proxecto "É hora de História" que se centra na narración de historias e "Na ponta da língua" que fará xogos e brincadeiras sobre a lingua portuguesa.
Fonte: Museu da Língua Portuguesa
O Ministerio de Educación de Gales anuncia unha partida orzamentaria destinada a servizos educativos en galés
O ministro de Educación e Lingua Galesa, Jeremy Miles, anunciou unha partida orzamentaria de 7 millóns de libras esterlinas que se investirán en servizos educativos de inmersión en galés.
O Parque Nacional de Snowdonia en Gales empregará exclusivamente a toponimia galesa para se referir ao monte Snowdon

O Parque Nacional de Snowdonia (Eryri, en galés) accedeu a empregar exclusivamente o nome galés de Snowdon, a montaña máis alta de Gales, polo seu nome en galés (Yr Wyddfa).
Fonte: BBC
Unha familia galesa leva tres anos esperando a ter clases de natación en galés
Unha familia da localidade galesa de Wrexham solicitou hai tres anos clases de natación en lingua galesa para os seus fillos e aínda non obtivo resposta. A asociación Cymdeithas Yr Iaith demandou unha resposta inmediata por parte do goberno local.
Fonte: Wrexham.com
Unha radio de Belfast quere abrir unha nova emisora en gaélico na zona da cidade de Derry
A radio de fala gaélica Raidió Fáilte quere explorar a posibilidade de abrir unha nova emisora nesta lingua na zona da cidade norteirlandesa de Derry.
Fonte: Derry Now
Un mestrado universitario abordará a revitalización das linguas nativas dos EUA

O mestrado Linguas Nativas Americanas da Universidade de Arizona aborda o proceso de revitalización das linguas nativas dos EUA e fomenta a participación de alumnos e alumnas procedentes de comunidades nativas para que se convertan en futuros formadores destes idiomas.
Fonte: The University of Arizona
Nace unha asociación en Cabo Verde que impulsará un cambio na política lingüística
Nace en Cabo Verde a Asociación da Lingua Materna Caboverdiana (ALMA-CV) que impulsará o uso da lingua materna e un cambio na política lingüística do país insular.
Fonte: Expresso das Ilhas
Aumenta o interese por aprender kurdo en Austria
Cada vez máis cidadáns e cidadás de Austria aprenden a lingua kurda coa intención de traballar ou visitar as rexións kurdas de Iraq ou Irán.
Fonte: Rudaw
As linguas modernas poderían desaparecer do currículo das escolas públicas do Reino Unido
A baixa popularidade das linguas modernas, como o alemán ou o francés, no sistema educativo británico podería obrigar moitas escolas a eliminaren estas materias dos seus currículos.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín