Mundo

As escolas estonianas teñen dificultades para contratar profesorado de linguas estranxeiras diferentes ao ruso

Despois do cambio lexislativo que reduce a presenza do ruso nas escolas estonianas, moitos centros educativos do país báltico teñen dificultades para atopar profesorado en linguas estranxeiras diferentes a esta lingua. A razón é a escaseza xeral de profesores e profesoras.

Fonte: Baltic News Network

Lula da Silva dedica o seu primeiro día de mandato a restablecer lazos cos países de lingua oficial portuguesa

O recentemente elixido presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva, dedicou o seu primeiro día no cargo a establecer lazos cos principais países iberoamericanos e con aqueles de lingua oficial portuguesa, como Portugal, Angola e Timor Leste.

Fonte: Jornal de Notícias

O Parlamento de Suíza quere recoñecer oficialmente as linguas de signos suízas

O ministro do Interior de Suíza, Alain Berset, anunciou que vai presentar dúas propostas no Parlamento para recoñecer oficialmente as tres linguas de signos empregadas en Suíza. A Federación Suíza de Persoas Xordas vén defendendo unha lei separada que lexisle e recoñeza o seu uso.

Fonte: Swissinfo

Presentan un decreto para recoñecer o italiano como lingua oficial na constitución italiana

O senador Roberto Menia presentou unha proposta que pretende modificar a constitución italiana para que se recoñeza o italiano como idioma oficial.

Fonte: Today

Un portugués asume a dirección do Instituto da Lingua Portuguesa

O portugués João Laurentino substituirá o guineano Incanha Itumbo na dirección do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa. 

Fonte: Bom dia 

O novo currículo de educación da República de Irlanda incluirá menos relixión e máis horas de linguas estranxeiras

O novo currículo do sistema educativo irlandés incluirá cambios importantes e permitirá destinar máis horas ás linguas estranxeiras no ensino primario en detrimento da materia de relixión.

Fonte: The Irish Times

A lingua romanche perde terreo en Suíza

A lingua romanche perde dous cantóns en Suíza que pasan a formar parte do territorio de fala alemá. A pesar deste cambio, o número de falantes desta lingua oficial suíza mantense estable.

Fonte: Swissinfo

Créase o Comité da Lingua Islandesa

O Goberno de Islandia funda o Comité da Lingua Islandesa que se encargará de levar a cabo un plan de acción para promover o uso do islandés na mocidade e apoiar a poboación inmigrante na aprendizaxe da lingua islandesa.

Fonte: Iceland Review

Demandan máis profesorado de lingua galesa na Patagonia

Educadores de fala galesa da provincia arxentina de Chubut demandan un maior número de profesores e profesoras nas escolas bilingües galés-español para manter viva a lingua galesa na comunidade local. Actualmente entre 2000 e 5000 persoas falan galés na Arxentina.

Fonte: BBC

O Goberno de Irlanda lanza un plan dixital para o gaélico irlandés

O ministro de Estado para as Gaeltacht e Deportes da República de Irlanda, Jack Chambers, anunciou un Plan Dixital para o gaélico irlandés que permitirá que cada vez máis institucións e empresas poidan empregar esta lingua como idioma de opción para os seus servizos dixitais.

Fonte: Gov.ie

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder