Mundo
A República Moldova estuda cambiar o nome da súa lingua nacional
O partido que goberna a República Moldova está a estudar a posibilidade de mudar o nome da súa lingua nacional, moldovo, polo termo "romanés".
Fonte: Sada Elbalad
Un concelleiro da cidade de Edimburgo demanda que se empregue o gaélico escocés no tranvía que atravesa a cidade
Un concelleiro da cidade escocesa de Edimburgo pediu que as liñas de tranvía que se empregan na cidade inclúan o nome das paradas en gaélico escocés.
Fonte: Edinburghlive
Portugal apela á participación de todas as nacións lusófonas na internacionalización da lingua portuguesa

O secretario de Estado da Cooperación de Portugal, Francisco André, defendeu o compromiso de todos os estados da comunidade lusófona nos proxectos do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) para a promoción e internacionalización do portugués.
Fonte: Notícias ao Minuto
Falantes non binarios de galés reclaman a adopción dunha linguaxe inclusiva
Falantes non binarios de galés demandan que a lingua galesa adopte formas inclusivas que poidan abarcar todas as identidades.
Fonte: BBC
"Oligarca" é a palabra máis buscada en 2022 no dicionario Priberam da lingua portuguesa
A propósito da invasión rusa de Ucraína, "oligarca" foi a palabra máis buscada no dicionario en liña Priberam da lingua portuguesa no ano 2022.
Fonte: Público
“Guerra” foi escollida como palabra do ano en portugués

Co 53 % dos votos, "guerra" foi escollida como palabra do ano 2022 en portugués nun certame organizado pola Porto Editora.
Fonte: Público
O novo Goberno brasileiro adopta o uso da linguaxe inclusiva
As cerimonias de presentación dalgúns ministerios do novo Goberno de Lula da Silva evidenciaron un uso crecente da linguaxe inclusiva, por exemplo a forma "todes", que é utilizada para se referir a persoas que non se identifican co xénero masculino nin co feminino.
Fonte: Estado de Minas
Unha cadea de supermercados en Polonia introduce paneis bilingües polaco-silesio
A cadea de supermercados Kaufland introduciu paneis bilingües polaco-silesio nos seus supermercados do sur de Polonia co obxectivo de promover a presenza da lingua vernácula nas superficies comerciais.
Fonte: Notes from Poland
Convócase unha manifestación pola lingua galesa na cidade de Carmarthen
A agrupación Cymdeithas yr Iaith convocou unha marcha a favor da lingua galesa na cidade de Carmarthen para demandar ao Goberno de Gales accións inmediatas perante o importante descenso do número de falantes de galés.
Fonte: Western Telegraph
O estado de Míchigan prohibe os libros escritos en linguas diferentes ao inglés nos cárceres
O estado de Míchigan (EUA) prohibiu ás persoas presas utilizar libros ou dicionarios escritos en linguas diferentes ao inglés. A medida foi xustificada por razóns de seguranza.
Fonte: Language Magazine
Boletín
Subscríbase ao boletín